Muxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muxía
Escudo de Muxía
Vista da vila de Muxía desde o monte do Corpiño.
Situación
Xentilicio[1]muxián
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Fisterra
Poboación4.450 hab. (2023)[2][3]
Área121,3 km²[3]
Densidade36,69 hab./km²
Entidades de poboación14 parroquias[4]
Política (2023 [5])
AlcaldeIago Toba Campaña (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Outros: IXMUXÍA: 2
Eleccións municipais en Muxía
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes91,70%
Na rede
www.concellomuxia.com
editar datos en Wikidata ]

Muxía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.068 habitantes (5.424 no 2010, 5.746 no 2006, 5.823 no 2005, 5.899 no 2004, 6.029 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «muxián».

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 5.068 habitantes
Menores de 15 anos 487 (9.61 %)
Entre 15 e 64 anos 3.079 (60.75 %)
Maiores de 65 anos 1.502 (29.64 %)
Evolución da poboación de Muxía   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.542 7.296 7.612 7.080 5.899 5.424 5.269 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Casa consistorial.

Patrimonio cultural de Muxía[editar | editar a fonte]

O concello de Muxía ten un importante patrimonio cultural no que podemos sinalar como predominante o patrimonio relixioso de época románica coas igrexas de San Cristovo de Nemiña, San Xiao de Moraime, Santa Leocadia de Frixe, Santa María de Morquintán, Santa María (esta última de estilo románico de transición) e San Martiño de Ozón (posteriormente transformada) entre outras. Ademais o concello tamén conta con dous mosteiros, o mosteiro de Moraime e o mosteiro de Santa María de Ozón.

Mais de entre todos os edificios relixiosos muxiáns o máis coñecido é o santuario da Virxe da Barca por ser punto de peregrinación desde o século XI ou XII, peregrinación que co paso do tempo deu lugar á actual Romaría da Barca que combina celebracións relixiosas e pagás na vila durante os mesmos días.

Festas[editar | editar a fonte]

Santuario da Virxe da Barca o día da romaría.

Muxía na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Nosa Señora da Barca,/ Nosa Señora, valeime,/ que estou no medio do mar,/ non hai barqueiro que reme [8].
  • Nosa Señora da Barca/ ten uns zapatiños brancos,/ as mozas de Camariñas/ vanllos ver os días santos [9].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ axúdame a remontar/ a laxe de Touriñana [9][10].
  • Santo Cristo de Fisterra,/ Santo da barba dourada,/ veño de tan lonxe terra,/ Santo, por che ver a cara./ Veño da Virxe da Barca,/ veño de abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver,/ Santo Cristo de Fisterra [11].
  • Veño da Virxe da Barca, veño da abalar a pedra./ Tamén veño de vos ver/ Santo Cristo de Fisterra [12].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Muxía.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muxía

Bardullas (San Xoán) | Caberta (San Fins) | Coucieiro (San Pedro) | Frixe (Santa Locacia) | Leis de Nemancos (San Pedro) | Moraime (San Xulián) | Morquintián (Santa María) | Muxía (Santa María) | Nemiña (San Cristovo) | Nosa Señora da O (Santa María) | San Martiño de Ozón (San Martiño) | Santiso de Vuiturón (San Tirso) | Touriñán (San Martiño) | Vilastose (San Cibrán)

Lugares de Muxía[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muxía vexa: Lugares de Muxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Muxía".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 14.
  9. 9,0 9,1 Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 183.
  10. Refírese á punta do cabo Touriñán, situado na parroquia do mesmo nome, no oeste do concello de Muxía. Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 13. No texto: da Touriñana.
  11. Copla une a devoción ao Cristo de Fisterra e á Virxe da Barca. Fraguas, 1989.
  12. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Abalar, Pedra de.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.