Orquesta de aficionados de la 'Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos' de La Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orquesta de aficionados de la 'Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos' de La Coruña
PaísGalicia Galicia
CidadeA Coruña
Anos de actividade1847-?
Tipo de formaciónOrquestra sinfónica
FundadorReunión Recreativa e Instructiva de Artesanos

A Orquesta de aficionados de la 'Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos' de La Coruña foi unha orquestra da cidade da Coruña, considerada a primeira orquestra sinfónica de Galicia.[1]

Fundada en 1847, trátase da única formación destas características no século XIX en Galicia. Entre os seus integrantes figuran nomes destacados da música na cidade, como Canuto Berea, Pancho Pillado, Juan Scichka ou o que era concertino en 1888 Julio Veiga Valenzano, fillo de Pascual Veiga e Juana Valenzano, que era filla dun dos fundadores da sección de música en 1847, Matías Valenzano, quen tocou tamén o contrabaixo na orquestra.[1]

En 1888 a orquestra gañou o primeiro premio no certame musical celebrado en Vigo durante a Festa da Reconquista, e o seu director, Joaquín Lago, a batuta de prata.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Crisanto Gándara, Xosé (17 de mayo de 2013). "La primera orquesta sinfónica de Galicia". mundoclasico.com (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2021.