Ozzy Osbourne
Ozzy Osbourne | |
---|---|
Nome completo | John Michael Osbourne |
Data nacemento | 3 de decembro de 1948 (75 anos) |
Nado en | Aston, Birmingham |
Cónxuxe | Thelma e Sharon Osbourne |
Fillos | Elliot Kingsley, Jessica Osbourne, Louis Osbourne, Aimee Osbourne, Kelly Osbourne e Jack Osbourne |
Ocupación | cantante e músico |
Instrumento(s) | voz, harmónica, sintetizador |
Relacionado con | Black Sabbath, Kelly Osbourne, Black Label Society, Alice Cooper, Iommi, Rob Zombie, Slash, Firewind |
Tempo en activo | 1968 - actualidade |
Pseudónimo | Ozzy Osbourne |
Na rede | |
https://www.ozzy.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, é un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Principe da escuridade". Osbourne é tamén coñecido comoo "Padriño do heavy metal".
A comezos dos anos 2000, a carreira de Osbourne expandiuse cando se converteu nunha estrela no seu propio reality show, The Osbournes, ao lado da súa muller/representante Sharon e dous dos seus tres fillos, Kelly e Jack. Un documental sobre a súa vida e carreira, God Bless Ozzy Osbourne, estreouse en abril do ano 2011 no Festival de Cinema de Tribeca e publicouse en DVD no mes de novembro dese ano.