Pavillón Municipal de Santa Isabel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°53′09″N 8°32′55″O / 42.885932280807, -8.5486334789663

Exterior do pavillón.
Interior de Santa Isabel.

O Pavillón Municipal de Santa Isabel é un recinto deportivo de Santiago de Compostela, pertencente ó Complexo Deportivo de Santa Isabel, e xestionado polo concello. Ten capacidade para acoller 1.200 persoas sentadas. Ata a construción do Pavillón Multiúsos Fontes do Sar en 1998, o de Santa Isabel foi o principal pavillón cuberto multiusos da cidade, e nel teñen xogado como locais ducias de encontros os principais equipos de baloncesto e fútbol sala santiagueses, como Obradoiro CAB ou Lobelle FS, entre outros. Actualmente o pavillón acolle encontros de baloncesto e fútbol sala en categorías rexionais, aínda que a súa superficie de parqué podería acoller competicións de voleibol e balonmán se fose preciso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]