Pobo oneida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo oneida
Retratos de oneidas.
Poboación
Poboación total:
15 388
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos
(Wisconsin e Nova York)
11 418
Canadá
(Ontario)
3 970
Aspectos culturais
LinguaOneida, inglés e outras linguas iroquesas
RelixiónKarihwiio, Kanoh'hon'io, Kahni'kwi'io, Cristianismo, Longhouse, Handsome Lake, Outras relixións indíxenas
Grupos
relacionados
Pobo seneca, mohawk, cayuga, onondaga, tuscarora, outros pobos iroqueses

Os oneidas[1] (onyota'a:ka ou onayotekaonotyu, que quere dicir a xente da pedra de pé, thwahrù·nęʼ[2] en tuscarora) son un pobo indíxena e unha das Primeiras Nacións dos Estados Unidos e o Canadá. É unha das cinco nacións fundadoras da Confederación Iroquesa na área preto dos Grandes Lagos.

Orixinalmente, os oneidas habitaban na área que despois sería o centro do estado de Nova York, particularmente arrredor do Oneida Lake e Oneida County. Hoxe en día, os oneidas teén catro nacións federalmente recoñecidas: a Nación India Oneida de Nova York, a Nación Oneida de Wisconsin, os Oneida da Reserva das Seis Nacións e a Nación Oneida de Thames, en Southwold.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de oneida no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Rudes, B. Tuscarora English Dictionary Toronto: University of Toronto Press, 1999