Pradaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pradería na interior da provincia da Coruña, Galiza.
Pradería de sega en Valdáliga (España). A herba córtase segundo medios manuais ou mecánicos para a alimentación do gando.

Unha pradaría ou pradería é unha terra chá ou de relevo suave, húmida ou de regadío, na cal seméntase e medra a herba co fin de xerar pasto para o gando. Polo xeral os prados mesofíticos medran en rexións húmidas e non moi frías, nas que apenas existe seca, baixo o dominio dos bosque caducifolios ou aciculifolios. As praderías forman ecosistemas creados pola actividade humana como fundamento dunha economía rural baseada na gandaría, mantendo a vexetación nun estado de subclímax.

Características[editar | editar a fonte]

Están formados por plantas herbáceas verdes de escasa altura e de raíces perennes, que forman un tapizado constituíndo un tupido e continuo céspede. A flora herbácea vivaz predominante nas praderías son as gramíneas: Cardamine pratensis, Centaura nigra, Festuca arundinacea, Linum bienne, Lolium perenne, Lotus corniculatus, Poa pratensis, Plantago lanceolata, Holcus lanatus, Dactilis glomerata, Primula vulgaris ou Taraxacum officinale, entre outras. Posúe unha gran potencia produtiva que vai en dependencia do estado de estrés destas. O período vexetativo e de pastoreo destes espazos varía en función do frío.

En certo lugares xeográficos a vexetación destes ecosistemas acadou un estado clímax, sendo praderías naturais. Este é o caso dos prados de montaña de tipo alpino, así como o das grandes formacións herbáceas do mundo, como as praderías norteamericanas de gramíneas altas anuais.

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

Segundo o xeito de aproveitamento pódense distinguir entre:

  • Praderías de sega. Aquelas cunha topografía chá ou convexa destinadas a un aproveitamento pouco intensivo e xeralmente estercados e abonados. Neles extráese a herba durante varios cortes ao longo do ano sen que entre o gando.
  • Praderías de dente. Son os pasteiros sometidos a pastoreo intensivo situados polo xeral en lugares de difícil topografía para poder ser explotados como praderías de sega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]