Ramiro Vidal Carrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramiro Vidal Carrera
Ramiro Vidal en 1919.
Nacemento17 de xaneiro de 1887
Lugar de nacementoA Carrasqueira
Falecemento28 de abril de 1967
Lugar de falecementoVilasobroso
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Ramiro Vidal Carrera, nado na Carrasqueira (Taboexa, As Neves) o 17 de xaneiro de 1887[Cómpre referencia] e finado en Vilasobroso o 28 de abril de 1967,[1] foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia humilde, sendo o máis vello de cinco irmáns. O seu pai foi Rafael Vidal Miguez e a súa nai María Carrera Iglesias. En 1900, con 13 anos, emigrou a Lisboa onde foi recibido polo seu pai. [2]

"Fomos para Lisboa como humilde emigrado en 1900 os trece anos que tiñamos, precisaron sumarse outros máis, para darnos plenamente conta de onde morávamos, e por e para qué fóramos privados de segui-la vida continuando onde nacemos, xunto a quen nos deu o ser, e sempre ó calor cálido e romántico da nosa agarimosa Lareira ... As "nais" galegas, amorosas e tenras, adoitan dicir os seus fillos máis vellos, solemnes á lumbre do lar, que quenta a todos e fai "ferver o pote de clasico Caldiño": Meu fillo, xa vas sendo grandeiro, cúmpreche marchar pol-o mundo para seres un home de lei e cubiza, coma teu pai... Sen ir po-lo mundo nada se alcanza, meu fillo"...!Somos moi probes para vivir sempre xuntos!"
La Voz de Breogán, 1958.[3]

Xa na capital, comezou unha actividade empresarial ligada ao sector da restauración. Iniciou os seus traballos en 1902 como "criado de mesa" para máis tarde rexentar restaurantes, hoteis e bares, sobre todo na capital portuguesa, e tamén de Galicia. En paralelo cos seus negocios, desenvolveu un traballo intelectual nacionalista prolífico, dedicándose enteiramente á tarefa tediosa de reconstruír os fundamentos da casa de Galicia, defensora dos dereitos dos galegos.

En 1907[Cómpre referencia] comezou a traballar para Arturo Fariña no semanal republicano La Lucha de Vigo, sendo correspondente na cidade lisboeta, tamén traballou como correspondente do Noticiero de Vigo e España Moderna, iniciando seus ideais republicanos que posteriormente estruturarán o nacemento da que sería a chamada "Sociedade Rexional de Instrución e de Recreio". Comezou asinando cos pseudónimos Pepe de Eirol e, máis tarde, Orimar (Ramiro escrito ó revés), para ao cabo botar man do seu nome propio [4].

Tamén traballou para o semanario republicano La Defensa, período no que se forxa o seu carácter nacionalista.

En novembro de 1908, cofundou xunto con José Lorenzo Cuevas, Manuel Álvarez Cuevas, Ramiro Martín Martín, Emilio Movilla Rodriguez e Marcelino Outerelo Rocha a Xuventude de Galicia en Lisboa.[5]

Relatava assim um destacado agente do enclave, Ramiro Vidal Carrera, a fundação de Xuventude de Galicia:

“Por satisfeitos podemos darnos. A modestia con que demos comezo a hoxe próspera Xuventude de Galicia mereceu o aplauso dos homes máis potentados da colonia que non tiveron inconvinte en cooperar ós fins perseguidos polos modestos organizadores, seguros de que canto se conseguera redundaría en proveito e honra de todos. Agora emprendemos por fin a ruta é iremos cara a un medio social máis favorable e máis propio dos nosos tempos”.
-fragmento traducido o galego-. Estratégias de socialização e vinculação com a metrópole do enclave galego de Lisboa entre os séculos XIX e XX. Pax 257. CARLOS PAZOS JUSTO 1 Universidade do Minho[6]


Banquete en casa tavares, ofrecido por Xuventude de Galicia, sendo alcalde de Mondariz


Despois colaborou en periódicos como Faro de Vigo, Vida Gallega, El Pueblo Gallego, e foi columnista e correspondente de semanarios lisboetas republicanos, como El País, El Tea, El Galleiro, El Azote (xornal socialista liberal) El Eco del Condado, Galicia. Diario de Vigo, e outros periódicos españois e portugueses, así como La Voz de Breogán, El Heraldo Gallego ou La Vanguardia.

Na ditadura de Primo de Rivera, foi nomeado concelleiro de Mondariz en marzo de 1924 e alcalde de Mondariz en 1926.

Sucedeu a finais de 1923, o goberno do nunca ben chorado don Miguel Primo de Rivera e Orbaneja con cuxa amizade íntima honrounos inmerecidamente, sabedor dos méritos morais que honra a don Ramiro Vidal Carrera, invitoulle a facerse coa administración municipal Mondarizana, soamente o seu gran patriotismo fíxolle aceptar, o que para outro fose unha tentadora oferta de exhibicionismo; agora ben, condicionou a aceptación do cargo a que compañeiros de xestión administrativa acompañásenlle, convecinos das calidades morais, que o cría indispensables, e que posuían don Benito Fernández Candeira, don José Tronco Faro, don Apolinar Martínez e don Odilo Fernández Rivas, quen asesorados, pouco logo de tomar posesión os seus cargos, polo entón novel letrado, don Manuel Elias Barros Martínez (cuxo prestixio como gran asesor, levoulle a Redondela, Vigo e despois Madrid), transformaron aquel ata emtonces mísero recuncho aldeano, en cuxa praza central bañábanse os porcos e vendíase o peixe, entre lamazais no inverno e baixo un tórrido sol no verán, nunha paradisiaca vila, con fermosa alameda de perfumados tilos, poéticos xardíns e unha perfecta urbanización, sen contar as mellóralas levadas ás parroquias do térmo municipal nas que se construíron fontes, bebedoiros para gando, e adquiriron casas para escuelas e vivendas para mestres.
mércores, "do noso corresponsal Manuel Lamartín Vázquez"[7]

Foi presidente da Federación Agraria de Ponteareas.[8] En setembro de 1931 fundou o periódico El Sobroso, de orientación republicana, integrouse no Partido Republicano Radical, e dirixiu o Centro Republicano Radical de Mondariz a partir do 30 de agosto de 1931, sucedendo a Alejo Carrera Muñoz. Foi nomeado presidente do Partido Republicano Radical o 6 de setembro de 1931.

Foi correspondente de El Pueblo Gallego e presidente do Círculo Mercantil Industrial de Ponteareas. Foi nomeado Cabaleiro da Orde do Mérito civil o 27 de novembro de 1928 por Afonso XIII.

En 1958 foi nomeado xuíz de paz.[9]

O 28 de abril do ano 1967 morreu por mor de arteriosclerose, e foi soterrado no mausoleo familiar de Vilasobroso.


Predecesor:
José Estévez Alfaya
 
Alcalde de Mondariz
 
1926 - 1929
Sucesor:
Raúl García Durán

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Lina Carrera Souto.

Obra[editar | editar a fonte]

Cando diversas revistas puxeron en dúbida a nosa ascendencia e en xogo os nosos dereitos históricos, a pluma de Vidal Carreira saíu ao encontro botando por terra os seus argumentos con outros que fixeron calar diversas veces aos seus adversarios.[10]

Moi señor meu: Unha simple coincidencia permitiu chegase ás miñas mans de galego residente en Lisboa desde agosto de 1900, o número 88 da revista da súa dirección correspondente ao mes de novembro de 1951. Lin con pena e desgusto as páxinas retrospectivas, resumo escolleito de datos históricos levados ao papel por algúns escritores antigos que, seica por falta de enxeño ou mellores motivos con que ilustrar as súas producións literarias e comedias destinadas a distraer o vulgo, emprendérona cos galegos emigrados da época, ridiculizándoles con evidente esquecemento dos lazos de raza que nos unen, si é que non nos enganaron os máis eminentes historiadores da península...
Carta dirixida por Ramiro Vidal Carrera, vindicando o prestixio e dignidade dos galegos en Lisboa, 1958.[11]

O Sr Ramiro Vidal Carrera, vicepresidente da Sociedade Xuventude de Galicia, e un dos máis distinguidos membros da colonia En Lisboa, fixo onte a súa anunciada conferencia, subordinada ó tema “Alma galega” na sala da referida sociedade. Fixo a presentación do conferente o Sr Alfredo P. Guisado, presidente da "Comissāo Galaica" para os mutilados da guerra portugueses. Asistencia numerosa e selecta ante a cal o conferenciante desenvolveu con proficiencia e coñecemento profundo o tema que se propuxo[12]

"!Meus amigos meus patricios! Como fillo enxebre de Galicia vouvos falar…Fillo humilde com’a vos; probe d’instrucción coma vos; rico de amor a nosa terra; opulento de alma e ferventes sentementos de puro patriotismo…En nome da nosa escarnecida Galicia, d,a nosa poética e meiga terriña; en nome dos numerosos verdes prados e hortas que a visten, d,os cristalinos regatos que a fecundan" …
Conferencia lida en Xuventude de Galicia en Lisboa por Ramiro Vidal Carrera,18/05/1919.[13]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 29-4-1967, páx 4.
  2. La Voz de Breogán, Lisboa, xaneiro 1958, páx 8.
  3. La Voz de Breogán, Lisboa, decembro de 1958, páx 6.
  4. Relações culturais intersistémicas no espaço ibérico: O caso da trajetória de Alfredo Guisado (1910-1930) , Carlos Pazos Justo, páx 161
  5. El Pueblo Gallego, 29 de marzo de 1933.
  6. Estratégias de socialização e vinculação com a metrópole do enclave galego de Lisboa entre os séculos XIX e XX. Páx 257. CARLOS PAZOS JUSTO 1 Universidade do Minho
  7. Faro de Vigo, La noche, 24/05/1967, páx 4.
  8. Correo de Galicia, domingo 21 de abril de 1929, páx 16.
  9. Noticiero de Vigo, xoves 24 de abril de 1958, páx 5.
  10. Fillos de Galicia en Portugal, La voz de Breogán, Lisboa, xaneiro 1958, páx 8.
  11. Galegos en Portugal, Lisboa, decembro de 1952 páx 1-8.
  12. Alma Galega, "Diario a'Vitoria, Lisboa,19/05/1919, páx 3.
  13. Diario a'Vitoria, Lisboa, 19/05/1919 páx 3-12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leira, Xan (2008). Historia dunha emigración difusa. 500 anos de emigración galega a Lisboa. Acuarela Comunicación.
  • Pazos Justo, Carlos (2012). Estratégias de socialização e vinculação com a metrópole do enclave galego de Lisboa entre os séculos XIX e XX
  • Pazos Justo, Carlos (2011). A imagem da Galiza e dos galegos em Portugal entre fins do século XIX e primeiras décadas do XX: do imagotipo negativo ao imagotipo de afinidade
  • Saez Delgado, Antonio, Gaspar, Luis Manuél. Relacciones Literarias y artísticas entre Portugal y España (1890 -1936)
  • Gomes, Jasón, VEREDAS, Volume 16. Revista da Associação Internacional de Lusitanistas (2011)
  • Candeira Mosquera, Francisco (1999). O Condado na IIª República (1931-1939). Ponteareas: Egasur. ISBN 84-930739-0-3.