Moldavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «República de Moldavia»)
Non confundir co Río Moldova, romanés, afluente do Río Siret.
Non confundir co Río Moldava ou Vltava, checo, afluente do Río Elba.
Modelo:Xeografía políticaMoldavia
Moldova (ro) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoLimba noastră Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aPrincipado de Moldavia Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°15′00″N 28°31′00″L / 47.25, 28.51667Coordenadas: 47°15′00″N 28°31′00″L / 47.25, 28.51667
CapitalChișinău Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.603.813 (2022) Editar o valor em Wikidata (76,94 hab./km²)
Lingua oficiallingua romanesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie33.843,5 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Bălănești (pt) Traducir (430 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoRío Dnister (2 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación27 de agosto de 1991 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor em Wikidata
• Presidente da Moldávia (pt) Traducir Editar o valor em WikidataMaia Sandu (2020–) Editar o valor em Wikidata
• Lista (pt) Traducir Editar o valor em WikidataDorin Recean (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da Moldávia (pt) Traducir , (Escano: 101) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal13.692.230.147 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedaleu moldávio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.md Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+373 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor em Wikidata
Código de paísMD Editar o valor em Wikidata

Sitio webmoldova.md Editar o valor em Wikidata

A República Moldova[1], ou máis común e simplemente Moldova[2] ou Moldavia,[2][3][4][5][6][7][8][9][10][11] (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Historia[editar | editar a fonte]

Na súa historia, Moldavia está fortemente vencellada a Romanía. O territorio da actual Moldavia foi habitado na Antigüidade polos dacios. Emprazada sobre unha ruta estratéxica entre Asia e Europa, Moldavia foi vítima de numerosas invasións, incluíndo o Principado de Kíiv e os mongois.

A fins da Idade Media a Moldavia comprendía todo o territorio poboado maioritariamente por romaneses emprazado entre os Montes Cárpatos ó oeste e o río Nistru ó leste. No século XIV tendo por núcleo a Bucovina constituíuse o principado de Moldavia que foi invadido e ocupado polos turcos en 1512, a familia de "beŷs" (especie) de "vicerreis" apelidada Besarab ó servizo da chamada "Sublime Porta" (Imperio Otomán) deu o nome ó sector de Moldavia emprazado ó nordeste do río Codrii, así xurdiu a provincia de Besarabia, que incluía case a totalidade da actual República de Moldavia aínda que tamén algúns distritos cara ó sur (que tras 1947 pasaron a Ucraína), deste modo se conformou a parte oriental do principado de Moldavia. Este volveuse tributario do Imperio Otomán tendo como límite oriental o Xedisán e setentrional a Podolia, aínda que en 1812 o Tratado de Bucarest transferiu Besarabia a Rusia como un dos "Principados Danubianos". A parte occidental de Moldavia converteuse máis tarde en parte de Romanía. A Guerra de Crimea fixo retroceder as fronteiras rusas na rexión, aínda que a Besarabia (cuxo territorio é o que constitúe xunto á Transnistria a maior parte da actual república de Moldavia) mantívose baixo control ruso.

Trala Revolución Rusa de 1917, Besarabia foi rapidamente convertida nunha república independente en 1918, pero uniuse a Romanía ese mesmo ano, quedando só a pequena franxa da Transnistria dentro da URSS. O pacto Molotov-Ribbentrop permitiu á Unión Soviética tomar Besarabia en xuño de 1940 e, a pesar de seren expulsadas novamente en 1941 trala Operación Barbavermella, as tropas soviéticas reocuparon a área en agosto de 1944. Baixo o goberno soviético as rexións do norte e o sur habitadas por ucraínos e romaneses foron transferidas a Ucraína e Transnistria (cunha importante poboación rusa) uniuse co resto nun mesmo estado chamado "República Soviética Socialista de Moldavia", a cal ocupaba o actual territorio da República de Moldavia.

Cando a Unión Soviética desapareceu, en agosto de 1991, Moldavia proclamouse independente converténdose en membro da Comunidade de Estados Independentes en decembro dese mesmo ano, ó igual cá maioría das anteriores repúblicas soviéticas. Nun principio houbo un movemento pro-reunificación con Romanía, pero un referendo en marzo de 1994 recibiu unha enorme maioría de votos a favor da conservación da independencia.

Ese mesmo ano, a nova Constitución de Moldavia, en vistas de acomodar ás minorías rusa, ucraína e gagauza, recoñece a creación das súas propias entidades territoriais dentro da estrutura nacional da República de Moldavia, permitindo a creación de organismos lexislativos propios, goberno e competencias lingüísticas. Do mesmo modo, permitíase para estes territorios a secesión se Moldavia se unise a Romanía.

As eleccións presidenciais de 1996 resultaron propicias para os agrarios e os socialistas, principais partidos da esquerda moldova, e Petro Lucinschi foi nomeado Presidente da República, cun 54 por cento dos votos. Dende o principio do seu mandato, Lucinschi tratou de soluciona-lo problema, xa endémico, de Transnistria, achegando posicións coa Federación Rusa. Así a todo, as conversas entre os nacionalistas de Transnistria e os representantes da República de Moldavia continúan sendo intermitentes e pouco produtivas, pese ó amplo grao de autonomía que o Estado moldovo outorgou a este territorio.

As eleccións lexislativas celebradas en 1998 estiveron caracterizadas pola soidade en que quedou o partido gañador, o Partido Comunista da República de Moldavia, que non puido formar goberno. Boa parte dos partidos restantes da cámara uníronse en torno ó Bloque para unha Moldavia Próspera e á Convención Democrática, formando un goberno de coalición.

A falta de acordos, a crispación política e o fracaso á hora de elixir un novo Presidente da República, provocaron a convocatoria de eleccións anticipadas para o 25 de abril de 2001. O Partido Comunista, con Vladimir Voronin e Vasile Tarlev á cabeza, obtivo unha importante vitoria electoral, conseguindo a metade dos votos emitidos, e obtendo a maioría absoluta na cámara. Voronin converteuse en Presidente da República de Moldavia, e Tarlev en Primeiro Ministro. O partido comezou un amplo proceso de reformas económicas e sociais para favorece-la súa entrada na Unión Europea. Os esforzos do goberno tamén se orientaron na creación de emprego. O distanciamento de Moldova con respecto á Federación Rusa foi, no entanto, un crecente problema no asunto de Transnistria.

Os comunistas revalidaron a maioría absoluta nas eleccións de marzo de 2005, aínda que reduciron o seu número de representantes na cámara de 70 a 56.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

O Parlamento unicameral moldovo conta con 101 asentos e os seus membros son electos a través do sufraxio popular por catro anos. O Parlamento logo elixe ó presidente, quen exerce como xefe de Estado. O presidente nomea a un primeiro ministro como xefe de goberno, quen á súa vez confecciona un gabinete, ambos os sometidos á aprobación do Parlamento. Na actualidade o cargo de presidente ocúpao Igor Dodon e o de primeiro ministro Ion Chicu.[12]

División territorial[editar | editar a fonte]

División administrativa de Moldavia.

Dende 2003 (mediante unha Lei aprobada o 19 de marzo de 2003), Moldavia está dividida en 32 distritos (raion, en plural raioane), 3 municipios (Chişinău, Bălţi e Tighina), e dúas rexións semi-autónomas (Găgăuzia e Transnistria).

Demografía[editar | editar a fonte]

A poboación de Moldavia alcanza os 4,4 millóns (2006), e está decrecendo a un ritmo do 0,12 % anual. A maioría da poboación pertence á etnia romanesa (80 %), seguida por unha importante colectividade de rusos (7 %), ucraínos (7 %), alemáns, turcos, búlgaros e serbios que constitúen o resto da poboación. Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e desenvólvese a agricultura a grande escala.

O 72,2 % dos moldovos vive nas cidades, o que representa unha da proporcións máis baixas de Europa só superada por algúns dos seus veciños balcánicos. As principais cidades do país son Chisinau, a capital, con 1 millón de habitantes.

Moldova é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 70 % da poboación adscríbese á Igrexa ortodoxa romanesa. Tamén hai cantidades significativas de católicos protestantes (4 % da poboación) ou grupos pentecostais. Segundo o censo de 2002, tamén vivían no país 23.105 ateos e arrelixiosos e 6100 xudeus.

A romanés, co nome de moldovo, é a lingua oficial do país. Séguenlle en importancia o húngaro e o romaní, falados polas poboacións desas etnias. O francés é falado por un significativo número de persoas (entre 1 e 2 millóns), e Moldova é membro da Francofonía.

Economía[editar | editar a fonte]

Billete de 1000 leus moldavos (anverso).
Artigo principal: Economía de Moldavia.

A economía moldova, tradicionalmente agrícola, comezou, en consonancia co resto de territorios da Unión Soviética, un acelerado proceso de industrialización, especialmente alimentario (viño e azucre refinado). A produción de refrixeradores, confección, materiais de construción e maquinaria agrícola é tamén significativa.

A moeda en Moldavia é o leu moldovo.

A agricultura, sendo aínda un importante motor económico, perdeu peso, a raíz da acelerada industrialización. Con todo, conseguiu florecer de novo ante a crise do seu sector industrial. Máis da metade da poboación activa da República de Moldavia dedícase á agricultura.

A produción agrícola moldova é variada: xirasol, tabaco, cereais, vide, hortalizas, remolacha azucreira e pataca. A gandería é pouco significativa, e é principalmente bovina e porcina, ademais da cría de aves de curral.

Existe en Moldavia petróleo, aínda que en pouca cantidade, e extráese sal dalgunhas minas. É unha das ex-repúblicas soviéticas máis pobres en recursos do subsolo explotados.

Como sucedeu no resto das antigas repúblicas que formaron a Unión Soviética, a economía moldova sufriu un forte retroceso tras a independencia. O conflito da República de Moldavia coa zona rebelde de Trans-Dniéster ou Transnistria agravou aínda máis a situación.

Comercio[editar | editar a fonte]

Con respecto ao comercio exterior, en 2013, Rusia concentrou o 26% das exportacións moldavas seguido por Romanía (17%), Italia (7%), e Ucraína (5%). Por outra parte, tamén en 2013, Rusia subministrou a Moldavia o 14% das súas importacións, seguido por Romanía (13%), Ucraína (12%), e China (8%).[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moldovo, moldova.
  2. 2,0 2,1 Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). UVigo, Servizo de Publicacións. p. 110, 118 e 130. ISBN 84-8158-266-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05/04/2016. Consultado o 28/8/2019.  Nótese, nesta publicación, a convivencia das dúas formas: "Moldova" e "Moldavia"
  3. Sanmartín, Goretti, ed. (2012). Criterios para o uso da lingua (PDF). Universidade da Coruña, Servizo de Normalización Lingüística. p. 131. ISBN 978-84-9749-504-2. 
  4. "Entrada moldavo en Digalego". Ir Indo. Consultado o 5/2/2018. 
  5. Diccionario enciclopédico galego universal
  6. Diciopedia do século 21.
  7. Enciclopedia Galega Universal.
  8. Atlas de Galicia e de España. Grupo Anaya.
  9. Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Edicións do Cumio.
  10. Faginas Souto, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). p. 178. ISBN 84-9757-065-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2019. 
  11. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.  A forma "Moldova" non aparece en ningún artigo; a forma "Moldavia" aparece nos artigos: "COSERIU, Eugenio", "FRAGA, Conchita" e "VÁZQUEZ ARIAS, Fernando".
  12. "El Parlamento moldavo aprueba el nuevo Gobierno, liderado por el exministro Ion Chicu" (en castelán). Europa Press. 14/11/2019. Consultado o 15/11/2019. 
  13. Territorio de status político non definido.
  14. CIA (2014). "Moldova". The World Factbook (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e respaldar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic].

Outros artigos[editar | editar a fonte]