Azores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rexión Autónoma dos Azores»)
Modelo:Xeografía políticaAzores
Açores (pt) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°37′26″N 28°01′52″O / 38.624, -28.031Coordenadas: 38°37′26″N 28°01′52″O / 38.624, -28.031
EstadoPortugal Editar o valor em Wikidata
CapitalPonta Delgada
Angra do Heroísmo
Horta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación236.440 (2021) Editar o valor em Wikidata (101,83 hab./km²)
Lingua usadalíngua gestual portuguesa (pt) Traducir
lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.322 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOceano Atlântico Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude2.351 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMontanha do Pico (pt) Traducir (2.351 m) Editar o valor em Wikidata
Creación1976 Editar o valor em Wikidata
Santo padrónEspírito Santo Editar o valor em Wikidata
Organización política
Membro de
Moedaeuro Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PT-20 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSPT200 Editar o valor em Wikidata

Sitio webazores.gov.pt Editar o valor em Wikidata

Os Azores,[1] oficialmente Rexión Autónoma dos Azores (en portugués Açores ou Região Autónoma dos Açores) , son un territorio da República Portuguesa, sito no Atlántico nordés, dotado de autonomía política e administrativa a través do Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores. Os Azores integran a Unión Europea co estatuto de rexión ultraperiférica do territorio da Unión, conforme o establecido no artigo 299.º-2 do Tratado da Unión Europea.

Localización xeográfica[editar | editar a fonte]

Os Azores son un arquipélago que, aínda que situado precisamente sobre a Dorsal Media Atlántica, debido á súa proximidade co continente europeo e á súa integración política na República Portuguesa e na Unión Europea considérase, xeralmente, parte de Europa.

O arquipélago sitúase no nordés do océano Atlántico entre os 36º e os 43º de latitude norte e os 25º e os 31º de lonxitude oeste. Os territorios máis próximos son a Península Ibérica, a preto de 2000 km ao leste, Madeira a 800 km ao sueste, Nova Escocia a 2300 km ao noroeste e as Bermudas a 3500 km ao suroeste. Integra a rexión bioxeográfica da Macaronesia.

Territorio e clima[editar | editar a fonte]

O arquipélago dos Azores constitúeno nove illas principais divididas en tres grupos distintos:

O Grupo Oriental inclúe tamén un grupo de rochedos e arrecifes oceánicos, sitos a nordés de Santa María, chamados illotes das Formigas, ou simplemente Formigas, que co arrrecife do Dollabarat, constitúen a Reserva Natural do Illeu das Formigas, un dos lugares máis importantes para a conservación da biosfera mariña no nordés Atlántico.

O punto máis alto do arquipélago está situado na illa do Pico - e de aí o seu nome, a Montaña do Pico - cunha altitude de 2 352 m. A orografía azoriana é moi accidentada, con liñas de relevo orientadas na dirección leste-oeste, coincidentes coas liñas de fractura que están na xénese das illas. Este arquipélago fai parte da cordilleira submarina que se estende desde Islandia para sur e suroeste, con orientación sensibelmente paralela á inflexión das costas continentais.

O clima é temperado, rexistrándose temperaturas medias de 13 °C no inverno e 24 °C no verán. A Corrente do Golfo, que pasa relativamente preto, mantén as augas do mar a unha temperatura media entre os 17 °C e os 23 °C. O ar é húmido, cunha humidade relativa media de preto do 75%.

A orixe volcánica dos Azores ten a súa expresión máxima na Illa de São Miguel, no famoso Vale das Furnas, e tivo a súa máis recente actividade terrestre no Volcán dos Capeliños, na illa do Faial, en 1957-1958. No mar, a última erupción verificouse ao longo da Serreta (illa Terceira) en 1998-2000.

Importancia xeoestratéxica[editar | editar a fonte]

A súa localización na zona central do Atlántico Norte, fixo que as illas azorianas constituísen durante séculos unha auténtica encrucillada nas rotas transatlánticas.

Os grupos central e oriental vistos do espazo (imaxe MODIS do Satélite TERRA da NASA

Na fase da navegación á vela, debido ao réxime de ventos e correntes que obrigaba á "volta do largo", as embarcacións provenientes do Atlántico Sur (da India, Extremo Oriente e outras partes de Asia, de África, do Brasil e outras partes da América do Sur) e do Caribe facían unha longa rotación no senso dos punteiros do reloxo que as traía ata as proximidades do Grupo Occidental, cruzando despois o arquipélago en dirección á Europa. É ese o percorrido que aínda fai hoxe en día a navegación de recreo, utilizando como punto de apoio o porto da Horta, illa do Faial.

Coa chegada da navegación a vapor, os portos dos Azores, particularmente os de Ponta Delgada e Horta, os únicos con peiraos de protección e peiraos de dimensión apreciábel, asumiron un papel importante no fornecemento de carbón.

Coa aparición da aviación, os Azores gañaron axiña importancia como punto de apoio. As primeiras travesías aéreas do Atlántico facían escala nos Azores, e a Horta, coa súa baía abrigada e ligazóns telegráficas intercontinentais vía cabo submarino, foi unha importante escala nas ligazóns entre a Europa e a América por hidroavión no período inmediatamente anterior á segunda guerra mundial.

Terminada a guerra, a base americana da illa de Santa María transformouse axiña nun aeroporto internacional e centro de escalas técnicas para as aeronaves que cruzaban o Atlántico entre as Américas, o sur de Europa, o norte de África e o Medio Oriente. Igual papel, mais para a aviación militar, tivo (e continúa a ter) a Base das Laxes, na illa Terceira, onde se instalou, despois da saída do continxente británico chegado en 1943, unha base americana (aínda en pleno funcionamento).

As discusións en torno do papel xeoestratéxico dos Azores e da función do arquipélago como punto de fronteira entre as esferas de interese norteamericana e europea aínda asume papel relevante na discusión política azoriana e na postura da clase política face aos intereses portugueses no Atlántico. As cuestións en torno da distribución de contrapartidas concedidas polos Estados Unidos de América pola utilización da Base Aérea das Laxes, na illa Terceira ten ocupado, aínda que de forma estéril, a actividade parlamentaria e son presenza constante na negociación con Portugal e cos Estados Unidos.

Máis recentemente, o feito de que as augas da zona económica exclusiva (CEE) dos Azores sexan de lonxe as maiores da Unión Europea, cos seus 994 000 quilómetros cadrados, e que por iso constitúan o groso das chamadas "augas occidentais" da Unión, ten levado a acesos debates sobre as vantaxes da integración azoriana na Unión Europea. Nos termos dos tratados en vigor, e do proxecto de tratado para a Constitución Europea, a xestión dos recursos biolóxicos mariños é competencia exclusiva da Unión, o que levou xa á abertura parcial da pesca (entre as 100 e as 200 millas náuticas) a embarcacións comunitarias contra a vontade do goberno azoriano.

Topografía dos Azores (imaxe xerada a partir dos dados altimétricos da misión SRTM/NASA)
Illa de Pico.

Para comprender a posición do arquipélago obsérvense as seguintes distancias medidas ao longo da ortodrómica (gran círculo) a partir dun punto sito no centro xeográfico dos Azores (38º 35’ N; 28º 05’ W):

  • Funchal, Madeira — 1206 km;
  • Lisboa — 1643 km;
  • Micen Head, Irlanda — 2011 km;
  • Cape Race, Terra Nova, Canadá — 2253 km;
  • Londres — 2595 km;
  • Praia, Cabo Verde — 2668 km;
  • París — 2673 km;
  • Reykxavik, Islandia — 2871 km;
  • Hamilton, Bermuda — 3371 km;
  • Boston, Mas., EUA — 3618 km;
  • Nova York, N. Y., EUA — 3889 km;
  • Brasilia — 6385 km.

División administrativa[editar | editar a fonte]

Politicamente os Azores son desde 1976 unha rexión autónoma integrada na República Portuguesa. A Rexión Autónoma dos Azores ten un goberno propio e conta cunha ampla autonomía lexislativa, fundamentada na Constitución da República Portuguesa e no Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores. Os órganos de Goberno propio son a Asemblea Lexislativa, un parlamento unicameral composto por 52 deputados elixidos por sufraxio universal e directo cada catro anos (última elección a 17 de outubro de 2004), e o Goberno Rexional, elixido pola asemblea, composto por un Presidente do Goberno, un Vicepresidente, e por 7 Secretarios Rexionais. A República Portuguesa é especialmente representada nos Azores por un Ministro da República, nomeado polo Presidente da República e proposto polo Primeiro ministro, ouvido o Consello de Estado e os órganos de goberno propio dos Azores.

A revisión constitucional de 2004 extinguiu o cargo de Ministro da República, creando na súa substitución un Representante Especial da República, nomeado polo Presidente da República, pola súa iniciativa, ouvido o Consello de Estado, e con mandato coincidente ao presidencial. Este novo dispositivo constitucional só se comezará a aplicar ao termo do mandato do actual Presidente da República (Jorge Sampaio) ou co cesamento do mandato do actual Ministro da República (Laborinho Lúcio). Laborinho Lúcio pasará así á historia como o último Ministro da República.

As illas non teñen existencia xurídica no ordenamento territorial azoriano, excepto na lei electoral, na cal serven de base para os círculos electorais, feito que ten levantado críticas visto que promove a sobre-representación das illas menos populosas na Asemblea Lexislativa e distorsiona a proporcionalidade, e na existencia dun órgano consultivo denominado Consello de Illa. A subdivisión administrativa principal do arquipélago faise, pois, ao nivel dos seus 19 municipios.

Para alén dos concellos listados no cadro abaixo, existiron nos Azores, ata á reforma administrativa do século XIX, os seguintes: concello do Topo (hoxe integrado no concello da Calheta de São Jorge); concello da Praia da Graciosa (hoxe integrado no concello de Santa Cruz da Graciosa); concello de San Sebastián (hoxe integrado no concello de Angra do Heroísmo); concello das Capelas (hoxe integrado no concello de Ponta Delgada); e concello de Auga de Pau (hoxe integrado no concello da Lagoa). As freguesías que foron sedes daqueles concellos recuperaron, polo Decreto Lexislativo Rexional n.º 29/2003/A, de 24 de xuño, da Asemblea Lexislativa, a categoría de "vila". As poboacións de Capelas e freguesías veciñas reivindican a restauración daquel concello.

Á súa vez os concellos subdivídense en freguesías, con excepción do concello do Corvo onde, dada a súa pequenez, o Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores estabelece que as funcións cometidas a aquel nivel da administración no restante territorio son exercidas directamente polos correspondentes órganos municipais.

División administrativa, área e poboación
Illa Concello Área
km²
Poboación
(1991)
Poboación
(2001)
Variación
1991/2001
(%)
Densidade
Pop. (2001)
(hab/km²)
Santa Maria: 97,2 5 922 5 578 - 5,8 54,5
Vila do Porto 97,2 5 922 5 578 - 5,8 54,5
São Miguel: 746,8 125 915 131 609 + 4.5 176,2
Lagoa 45,6 12 900 14 126 + 9,5 311,8
Nordeste 99,9 5 490 5 291 - 3,6 52,1
Ponta Delgada 233,0 61 989 65 864+ 6,2 277,3
Povoação 108,0 7 323 6 726- 8,2 61,3
Ribeira Grande 180,2 27 163 28 462+ 4,8 158,2
Vila Franca do Campo 78,0 11 050 11 150+ 0,9 140,9
Terceira: 402,2 55 706 55 833 + 0,2 138,6
Angra do Heroísmo 241,0 35 270 35 581,0 + 0,9 146,2
Praia da Vitória 161,3 20 436 20 252- 0,9 124,4
Graciosa: 61,2 5 189 4 780 - 7,9 71,4
Santa Cruz da Graciosa 61,2 5 189 4 780 - 7,9 71,4
São Jorge: 245,8 10 219 9 674 - 5,3 39,4
Calheta 126,3 4 512 4 069- 9,8 31,5
Velas 117,4 5 707 5 605 - 1,8 47,2
Pico: 447,7 15 202 14 806 - 2,6 30,1
Lajes do Pico 155,3 5 563 5 041- 9,4 31,5
Madalena 147,1 5 964 6 136+ 2,9 41,3
São Roque do Pico 142,4 3 675 3 629- 1,3 25,3
Faial: 173,1 14 920 15 063 + 1,0 87,0
Horta 173,1 14 920 15 063 + 1,0 87,0
illa das Flores: 141,7 4 329 3 995 - 7,7 28,2
Lajes das Flores 70,0 1 701 1 502- 11,7 21,2
Santa Cruz das Flores 70,9 2 628 2 493- 5,1 34,8
Corvo: 17,1 393 425 + 8,1 25,0
Vila do Corvo 17,1 393 425 + 8,1 25,0
Azores 2 332,74 237 795 241 763 + 1,7 103,6

Análise da situación socioeconómica[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

Contrariando a tendencia verificada nos decenios anteriores, a evolución demográfica da última década caracterizouse polo crecemento moderado da poboación residente, aumentando preto de 1,7%, pasando de 237 795 en 1991 para 241 763 habitantes en 2001, segundo os datos definitivos do censo de 2001.

Porén, o crecemento de poboación non está distribuído de forma equilibrada polas diferentes illas, habendo variacións negativas expresivas nas illas Graciosa, Flores e Santa Maria, denotando unha tendencia de concentración da poboación nas illas onde se localizan as principais funcións administrativas e económicas. O crecemento demográfico que se verificou nos últimos anos pódese explicar, en gran medida, polos fluxos migratorios, que rexistrou valores positivos, por vía da diminución acentuada da emigración e do aumento da inmigración, dado que o saldo natural ten vindo a declinar.

O crecemento concentrouse esencialmente na illa de São Miguel. O crecemento no Faial é soamente conxuntural e resulta do movemento de traballadores da construción civil resultante das obras de reconstrución do sismo de 9 de xullo de 1998. Calquera que sexa o escenario considerado, estímase que a poboación dos Azores continuará a crecer lentamente nos próximos anos.

En termos da evolución da estrutura da poboación por grandes grupos de idade, e con base nos últimos censos e nas proxeccións existentes, obsérvase que o crecemento demográfico tende a concentrarse no grupo correspondente á poboación potencialmente activa (15-64 anos), por contrapartida do grupo de idade dos novos, manténdose practicamente inalterado o peso relativo dos vellos no contexto da poboación residente nos Azores.

A tendencia na próxima década é para se acentuar o envellecemento da poboación residente, en virtude, sobre todo, da diminución do peso relativo dos novos resultante do efecto conxugado da diminución das taxas de natalidade/fecundidade e do aumento da esperanza de vida. Con efecto, a través da análise comparada dalgúns indicadores demográficos, verifícase que a evolución destes indicadores vén sendo decrecente nos últimos anos. A taxa de mortalidade xeral mantense practicamente constante, co valor anual na veciñanza dos 11 óbitos por mil habitantes. No que se refire á mortalidade infantil, nos Azores continúa a verificarse unha tendencia decrecente tendo atinxido os 2.9 por mil nacementos en 2003. Relativamente ao número de casamentos verificados en 2003, constatase que se verificou un aumento do número de casamentos, contrariando a tendencia decrecente dos anos anteriores.

En termos finais, as proxeccións demográficas apuntan para unha estabilización ou diminución da poboación, asociados a un continuado envellecemento das estruturas demográficas, resultante da diminución das taxas de fecundidade/natalidade e do aumento da esperanza de vida. Esta tendencia ten vindo a ser atenuada pola inversión do comportamento migratorio, que, desde mediados dos anos noventa, ten rexistrado valores positivos asociado, sobre todo, a un aumento da inmigración. A Rexión Autónoma dos Azores poderá ser unha das rexións que máis beneficiará coa entrada de estranxeiros, desde que os niveis medios de fecundidade presentados sexan mantidos, contrariando a acentuada tendencia de diminución de residentes.

Estas alteracións na dinámica demográfica levantan serias cuestións e desafíos a nivel económico e social, xa que a sociedade será cada vez máis diversificada e envellecida o que, non só compromete as xeracións futuras, como provoca alteracións nos hábitos de consumo, nas relacións sociais e na economía. O aumento da poboación activa exercerá presións no mercado de traballo, no sentido de se criaren máis postos de traballo, e provocará unha distribución desigual da poboación entre os centros urbanos e o medio rural. O aumento da inmigración tamén acentuará a presión sobre o mercado de traballo, de aí que sexa fundamental o seguimento de políticas de formación e recualificación profesional dos activos.

Aspectos macroeconómicos[editar | editar a fonte]

O Produto Interno Bruto dos Azores atinxiu, en 2002, os 2,4 mil millóns de euros, segundo os dados máis recentes das contas rexionais. Atendendo a que, en relación ao ano anterior, rexistrou un crecemento nominal (8,2%) superior á media nacional (4,8%), a Rexión reforzou notoriamente a súa importancia relativa no todo nacional. En resultado deste comportamento da economía rexional, a partir de 2002, os Azores deixan de ser a última rexión NUTS II do país en termos do PIB per cápita. Constátase unha converxencia real do PIB per cápita coa media nacional e europea, representando agora 82% do valor medio nacional.

Relativamente á comparación coa Unión Europea, utilizando o PIB per cápita en paridades de poder de compra, segundo o SREA (Contas Rexionais 2002), a Rexión está, no ano de 2002, con índice 58 na EUR =15, e co índice 66 na EUR= 25, correspondendo a unha converxencia de 9 puntos, se se considera o período de 1995 a 2002.

En termos da repartición sectorial do valor acrecentado bruto na produción de bens e servizos, nos últimos anos en que se dispón de información estatística, rexístrase un certo reforzo do sector terciario, por contrapartida dunha menor expresión relativa dos restantes sectores de actividade económica.

Mercado de emprego[editar | editar a fonte]

A evolución do mercado de traballo nos Azores tense caracterizado por un aumento continuado da poboación activa, maior actividade do segmento feminino da poboación e a manutención de taxas de desemprego relativamente reducidas, indicadoras dunha situación de case pleno emprego.

Tomando o último ano completo en que se dispón de información, obsérvase que, en 2003, a taxa de desemprego roldou os 2,9%. Os Azores son a segunda rexión da Unión Europea (despois do Tirol, Austria) que naquel período temporal presentou a taxa de desemprego máis baixa.

En termos de repartición sectorial da poboación empregada, é o sector dos servizos que absorbe a maioría dos empregados, mantendo aínda algún peso relativo o sector primario da economía.

Prezos[editar | editar a fonte]

Ao nivel da variación dos prezos no consumo, a taxa de inflación na Rexión ten presentado valores baixos e encadrados na tendencia xeral do país e da Europa comunitaria.

En 2004, a taxa de variación media dos últimos doce meses, do índice de prezos no consumidor, foi de 2,7% nos Azores.

Finanzas públicas[editar | editar a fonte]

A execución orzamental relativa ao ano de 2004 atinxiu plenamente os obxectivos inicialmente trazados, na medida en que foi asegurada unha contención efectiva nas despesas de funcionamento da administración rexional (+2,1%) e, ao mesmo tempo, rexistrouse unha taxa de crecemento das despesas de investimento (+6,5%), superior ás observadas nos últimos cinco anos.

A Conta da Rexión relativa a 2004, excluíndo as contas de orde, presentará un saldo positivo da orde dos 22 millóns de euros, fundamentalmente, en consecuencia de diversos axustes efectuados en sede das receitas fiscais xeradas na Rexión e, tamén, da contención imprimida ás despesas de funcionamento. Efectivamente, rexistrouse unha melloría significativa no grao de cobertura das despesas de funcionamento polas receitas propias da Rexión, o cal pasou de 90,2% para 98,2%, entre 2003 e 2004.

No ámbito das receitas da Rexión, foron as receitas propias, cun valor de 497,2 millóns de euros, que rexistraron unha taxa de crecemento máis significativa, +11,2%, observando, igualmente, un crecemento do seu peso relativo no total da receita, o cal pasou de 63,1%, en 2003, para 65,9%, en 2004.

No computo das receitas propias, saliéntanse as receitas fiscais cuxa execución atinxiu os 488,7 millóns de euros, máis 14,9% do que o respectivo valor de 2003.

Os dous grandes agregados de despesa pública - funcionamento e plano de investimentos - mantiveron en 2004 unha estrutura semellante á que detiñan en 2003, traducindo unha lixeira alteración que se considera positiva, xa que se rexistrou un aumento de preto dun punto porcentual no peso relativo das despesas de investimento por contrapartida das despesas de funcionamento.

O plano de investimentos atinxiu unha execución de 226,1 millóns de euros, o que traduce unha taxa de crecemento de 6,1%, relativamente a 2003 e unha excelente taxa de realización de 97,2%, se non considerarmos as dotacións do plano que estaban consignadas á receita da reprivatización da EDA (Electricidade dos Azores, SA) e ao pagamento de bonificacións de xuro do crédito á vivenda, cuxa transferencia non foi efectuada en 2004.

Sectores económicos[editar | editar a fonte]

Agricultura[editar | editar a fonte]

O volume de produción de leite recibido nas fábricas sitúase nun patamar da orde de 500 millóns de litros. O leite industrializado é consumido predominantemente na forma de UHT.

O queixo representa o produto lácteo máis significativo, rexistrando evolución positiva, mesmo nos anos de redución de materia prima.

A produción de carne rexistra, nos anos máis recentes, unha evolución tendencialmente positiva. O sentido desta evolución é común aos diversos tipos de carnes. Con todo este aumento débese, fundamentalmente, á carne de bovino para exportación, cuxo crecemento aproximando esta nos niveis atinxidos antes da crise de 1997. A evolución no crecemento das carnes para consumo nas propias illas caracterízase máis pola moderación e regularidade.

Pesca[editar | editar a fonte]

A actividade pesqueira, medida polo peixe descargado nos portos, tradúcese en volumes da orde de 10 mil toneladas anuais, ás cales corresponden valores brutos de produción na orde de 26 millóns de euros. Anualmente, rexístranse variacións específicas nas condicións en que se desenvolven as actividades no sector, observándose flutuacións significativas de prezos.

As diferentes variedades de peixe máis tradicional («restante peixe» no cadro abaixo) ocupan o lugar máis representativo, sendo a compoñente da pesca de tunídos a que presenta maior sensibilidade a condicións de produción.

O número de pescadores matriculados sitúase na orde de 4 millares e o das embarcacións na de 1 600 unidades. Procurando observar a actual tendencia de evolución destes factores produtivos, a través dalgúns rateos, verificarase unha tendencia no sentido do aumento de dimensión medida pola tonelaxe media por embarcación e por pescador matriculado.

Turismo[editar | editar a fonte]

O conxunto da hotelaría tradicional, máis o turismo en espazo rural sumaron, no ano de 2004, a capacidade de aloxamento de preto de oito mil camas, en resultado dun crecemento asinalable da oferta de aloxamento turístico, que se fixo sentir esencialmente nos últimos catro anos. A procura ven a aumentar sistematicamente todos os anos, tanto en termos de durmidas, como en termos de receitas. De 1996 a 2004, o número de durmidas creceu 124% e as receitas totais 148%.

Hoxe, máis de 50% da oferta hoteleira foi construída de novo e a parte restante foi, en máis de 50%, profundamente remodelada e reestruturada.

De 1996 a 2004 houbo un salto significativo no mercado da procura. Portugal, en 1996, representaba 71% do volume total de durmidas, en canto que en 2004 representaba apenas 51%.

É evidente que aínda que a promoción turística en Portugal sexa sempre unha preocupación dominante, co aumento da oferta hoteleira e dada a forte sazonalidade do mercado nacional tornase cada vez máis importante diversificar a procura. En 2004 o mercado sueco representou 16% da procura, logo seguido do mercado noruegués con preto de 8,3% e do mercado alemán con 7,1%.

Nótese que os mercados alemán, español e canadense creceron preto de 50%, en 2004. Prevese que, en 2005, se asista a un forte crecemento do mercado dinamarqués, finlandés e inglés, como consecuencia das medidas de promoción que están sendo desenvolvidas, particularmente no que se refire ao estabelecemento de novas ligazóns aéreas con estes países.

Industria[editar | editar a fonte]

A evolución das industrias transformadoras, observable a través das estatísticas das empresas, apunta no sentido dun proceso de crecemento acompañado de mudanzas nas estruturas produtivas, polo menos en termos de dimensión.

Efectivamente, ao mesmo tempo que o volume de negocios foi rexistrando, nos últimos anos, intensidades de crecemento a niveis significativos, o número de empresas e de persoal ao servizo, ao contrario, foi decrecendo. Atendendo que no proceso de redución destes elementos produtivos, o do número de persoal foi proporcionalmente superior ao das propias empresas, verificouse, loxicamente, un aumento na dimensión media das respectivas estruturas.

A pesar desta evolución, a dimensión media das empresas das industrias transformadoras continúa a ser inferior á media das empresas da economía portuguesa. De facto, segundo os últimos datos, a media de persoal empregado por unidade produtiva nos Azores situouse en 10 traballadores por empresa, en canto a mesma proporción, a nivel do país, atinxía 12.

A reducida dimensión tamén é observable en termos de volume medio de negocios das empresas industriais, cuxa rendibilidade fica máis dependente das marxes que sexan posíbeis en termos de redución de custos.

Enerxía[editar | editar a fonte]

As fontes de enerxía primaria utilizadas continúan a basearse nos combustíbeis fósiles importados (fuel, gasóleo, gasolina). Aínda así, as fontes de enerxía renovábeis como a enerxía hídrica, a xeotérmica e a eólica ten rexistrado evolucións positivas, aproximándose nos anos máis recentes de preto dun décimo do total de enerxía consumida.

A produción de enerxía eléctrica ten crecido a ritmos significativos, situándose as respectivas taxas medias anuais á volta de 7%.

A produción de orixe térmica continúa a ser dominante, porén as enerxías renovábeis representan xa unha cota próxima dun quinto do total.

No que respecta á utilización de electricidade, o consumo doméstico representa a compoñente máis significativa, mais os consumos comerciais e de servizos tense revelado máis dinámicos nos últimos anos. Os consumos industriais tense caracterizado por unha certa estabilidade, apenas acompañando a evolución media xeral dos últimos anos.

Construción e habitación[editar | editar a fonte]

Nos últimos anos, a produción local de cimento ten contribuído con preto de 55% do total de cimento utilizado nas obras. En anos anteriores situouse nunha cota de preto de 60%.

As licenzas de obras para vivendas, representan preto de tres cuartos do total de licenzas concedidas para obras nos Azores.

Comercio[editar | editar a fonte]

No sector comercial, rexistrouse unha evolución con crecemento de actividade máis baseada na creación de novas unidades de servizos do que no aumento de capacidade e modernización das existentes. Efectivamente, os datos estatísticos apuntan para crecemento do volume de negocios significativo, ao mesmo tempo que crecen os números de empresas e de persoal ao servizo.

Aliás, a intensidade de crecemento de persoal ao servizo foi moito próxima da do crecemento do número de empresas, manténdose practicamente constante a razón de persoal por empresa. Esta razón de preto de 5 persoas ao servizo por empresa, confirma a forte presenza de pequenas unidades empresariais e o carácter atomístico deste tipo de servizos.

Atendendo ás características do sector comercial, en termos nacionais, as diferenzas entre as estruturas nas diversas rexións resultarán máis de pequenas diferenzas de evolución e adaptacións circunstanciais, do que de factores estruturais como a dimensión que se evidencian máis en organizacións de produción material e industrial.

As vendas de automóbiles novos, en 2004, tiveron un comportamento positivo, invertendo a tendencia anterior. En 2004, a venda de automóbiles lixeiros nos Azores representou preto de 77% da venda total de automóbiles novos.

Transportes e comunicacións[editar | editar a fonte]

Os dados dispoñíbeis sobre os movementos de pasaxeiros apuntan no sentido dunha tendencia de redución de tráfego nos transportes colectivos terrestres e de aumento nos transportes marítimos e aéreos. Os movementos de pasaxeiros nos aeroportos revelan alteracións na súa composición segundo os diversos tipos de tráfego.

O tráfego de pasaxeiros interno (na práctica inter-illas) é aínda o que rexistra maior número de frecuencias, mais xa non ten o predominio que rexistraba habitualmente e nos últimos dous anos, o de 2002 e o de 2003, representou porcentaxes inferiores a metade do tráfego total.

Por outro lado, os tráfegos co exterior (territorial e internacional), a pesar de continuaren máis sensíbeis a influencias de conxuntura, presentan tendencias de crecemento superiores en media. Será particularmente o caso do tráfego internacional, o que se mostra consistente coa evolución da procura turística.

Observándose a frecuencia de movementos de pasaxeiros nos aeroportos en relación ao número de habitantes residentes, verificase que nos Azores hai unha elevada intensidade no uso do modo de transporte aéreo, cando se fai a comparación co Continente a través do mesmo indicador. Esta diferenza de intensidade estará loxicamente relacionada coas características diferentes da xeografía física en ambos os territorios.

As cargas movimentadas nos portos, atinxe preto de 2,7 millóns de toneladas, aínda o volume de movementos nos aeroportos non chega a representar 1% daquelas.

O tráfego postal sitúase nun patamar de preto de 10 millóns de obxectos, en canto o número de postos telefónicos existentes continúa a crecer de forma máis intensa.

Sectores sociais[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

No ano lectivo de 2002/03 rexistrouse un forte crecemento no número de inscricións na Educación Preescolar e unha continuada preferencia polo Ensino Profesional, que orixinou unha inversión da tendencia negativa que se viña a verificar no volume de inscricións/matrículas a nivel global. Na xeneralidade, o volume de matrículas nos niveis do Ensino Básico e no Ensino Secundario continúan a tendencia descendente que se ten vindo a verificar ultimamente, rexistrando, no nivel do Ensino Secundario, un valor superior a menos 5,5% dos valores verificados no ano anterior.

A taxa de escolarización presenta valores crecentes en todas as idades, a pesar de que a poboación escolar está diminuíndo. Este aumento é máis significativo nas idades da Educación Preescolar e a partir dos 14 anos. Da observación da evolución destas taxas, verificase un alargamento do leque de idades con taxas dos 100%, actualmente representativas das idades de escolaridade obrigatoria.

O aproveitamento escolar, medido a través da taxa de transición/aprobación oscila entre os 82,8% no 4.º ano de escolaridade e os 45,5% no 12.º ano, confirmando un maior aproveitamento escolar nos ciclos do ensino xeral e obrigatorio do que no secundario.

Saúde[editar | editar a fonte]

Os dados sobre os servizos prestados nos hospitais e centros de saúde apuntan no sentido de evolucións considerábeis. Nos actos clínicos rexistrase unha participación significativa de recursos humanos e unha utilización crecente de medios complementares de diagnóstico e terapéutica.

Os actos rexistrados en profilaxia/inoculacións globais corresponden a vacinacións practicadas nos centros de saúde. O volume de actos sitúase na orde de oitenta millares mais, aínda que sexa aplicado predominantemente con preocupacións de prevención de doenzas en nenos con idade inferior a un ano, é fortemente condicionado por particularidades e campañas específicas a nivel local.

Os servizos de urxencia ten rexistrado, nos últimos anos,[cando?] unha procura máis expresiva do que os de consulta. Esta evolución terá sido máis significativa no ámbito dos centros de saúde do que no dos hospitais.

Os movementos de internamento nos hospitais e centros de saúde ten mantido características de certa estabilidade, situándose a demora media en 7 ou 8 días e a taxa de ocupación á volta de 62%.

Os medios complementares de diagnóstico superan os dous millóns de exames e análises, en canto os medios complementares de terapéutica corresponden a máis de trescentos mil actos. A evolución destes medios ten rexistrado crecementos medios significativos. Aínda así, é posible observar unha lixeira tendencia para á realización do acto terapéutico corresponder, en media, unha menor utilización de exames e análises.

O persoal en actividade nos servizos dos hospitais e dos centros de saúde sitúase na orde de catro millares de profesionais.[cando?] A evolución xeral ten rexistrado un alargamento efectivo de cadros, destacándose un certo reforzo de médicos, enfermeiros e técnicos de diagnóstico e terapéutica.[Cómpre referencia]

Seguranza social[editar | editar a fonte]

O número de pensionistas da Seguranza Social nos Azores sitúase na orde dos 47 millares de individuos. Os beneficiarios en vida por vellez, que reciben pensións en substitución de retribucións do traballo, representan preto de 52% do total; os beneficiarios en vida, mais inválidos por accidente ou doenza antes da idade da reforma por vellez, representan preto de 30% do total; e, finalmente, as familias de beneficiarios por morte destes representan preto de 18%.

Cultura[editar | editar a fonte]

Os museos e as bibliotecas públicas representan medios privilexiados de desenvolvemento de accións culturais, sexa polas capacidades patrimoniais e funcionais existentes, sexa polos diversos públicos que poden atraer.

Observando as evolucións das procuras sobre aqueles equipamentos culturais, por parte de visitantes nos museos e de utilizadores nas bibliotecas, verificase que existe actualmente unha tendencia de crecemento en calquera unha delas. Aínda así, se a tendencia da procura de visitantes aos museos prosegue a un ritmo máis regular e dentro dun mesmo padrón das estruturas existentes, xa a procura de utilizadores nas bibliotecas revela, despois dunha lixeira quebra nos finais da década de noventa, unha intensificación do crecemento nos anos máis recentes, reflectindo, polo menos en parte, a transición do funcionamento da biblioteca pública de Ponta Delgada das antigas para as novas instalacións, no histórico Colexio dos Xesuítas.

Observando agora a evolución intra-anual para os mesmos tipos de equipamentos culturais, verificase que a procura nos museos intensificase nos meses de Verán, en canto a procura nas bibliotecas, ao contrario, é maior nas outras estacións. Para esta diferenza entre as distribucións ao longo do ano contribuirá significativamente a compoñente de turistas que visitan os museos, en canto nas bibliotecas será máis a compoñente de estudantes para lecturas integradas na súa formación académica ao longo do ano escolar.

Durante o ano de 2003, os apoios financeiros ás actividades culturais, encadrados xuridicamente polo Decreto Lexislativo Rexional n.º 22/97/A, de 4 de novembro, atinxiron un montante na orde de 480 mil euros.

Deporte[editar | editar a fonte]

As actividades deportivas nos Azores, encadradas polas federacións asociativas das diversas modalidades, vén movimentando un número significativo de atletas e axentes responsábeis.

O número de inscritos na época de 2002/2003 aproximouse de preto de 20 millares de atletas practicantes e de 8 centos de adestradores.

Os dados anteriores resultan dun proceso de crecemento asinalable xa que, nos últimos dez anos, o número de atletas practicamente duplicou e as condicións de encadramento técnico poderán traducirse nunha razón de 24 atletas por cada adestrador, por contrapartida a unha relación inicial de 46 atletas.

En termos de representatividade das diversas modalidades poderán agruparse dous conxuntos segundo as características:

Situación ambiental[editar | editar a fonte]

A análise sucinta que a seguir se presenta foi preparada a partir do documento "Relatorio do Estado do Ambiente - 2003", producido en setembro de 2004, da responsabilidade da entón Secretaria Rexional do Ambiente.

Recursos hídricos[editar | editar a fonte]

Nos Azores, as necesidades de auga para uso urbano son as máis significativas, representando preto de 56% das necesidades totais, seguíndose a industria e a agropecuaria, cun peso de preto de 20%. O turismo, a enerxía e os restantes usos representan aínda un valor pouco significativo, preto de 3%. As augas subterráneas constitúen a principal orixe de auga, satisfacendo máis de 97% das diferentes utilizacións.

As dispoñibilidades existentes están estimadas en preto de 1.520 millóns de metros cúbicos, considerándose 10% deste valor como dispoñibilidade útil. As maiores dispoñibilidades sitúanse nas illas do Pico e de S. Miguel e as menores no Corvo, Graciosa e Santa Maria. Relacionando as necesidades coas dispoñibilidades, rexístrase maior presión sobre os recursos dispoñíbeis nas illas Graciosa, Terceira e S. Miguel.

A nivel das augas superficiais, concretamente as lagoas, para alén do valor paisaxístico, turístico e ecolóxico, constitúense como reservas estratéxicas de auga, sendo a garantía da súa calidade un dos desafíos da xestión dos recursos hídricos. De acordo con análise e clasificacións efectuadas a 17 lagoas, a maioría rexistra situacións de polución máis ou menos acentuada, derivada de contaminación difusa por actividades agropecuarias e de fertilización pouco racional, de onde a importancia dos proxectos en curso e a iniciar relativos á construción de encoros, reforestación das faixas adxacentes ás liñas de auga, entre outras accións, no sentido de se reverter esta situación.

Canto ás augas subterráneas, estas non presentan problemas acentuados de calidade, aínda que, puntualmente, poidan advir algúns problemas derivados da sobre-explotación de acuíferos, coa consecuente intrusión salina, do exceso de nitratos e da contaminación microbiolóxica relacionados coa polución difusa, proporcionada pola explotación agropecuaria.

No caso particular das augas balnearias, dun modo xeral a maioría das zonas balnearias presenta unha calidade de auga bastante razoable, o que ten orixinado unha clasificación adecuada para ostentación de bandeira azul.

Respecto ao abastecemento de auga, o nivel de atención é próximo do 100%, en termos de infraestruturas de abastecemento. Aínda así, puntualmente, por vía de factores aleatorios e de perda de augas nas redes, existe preto de 13% da poboación con abastecemento irregular durante o ano. A calidade da auga fornecida nin sempre satisfai os parámetros de calidade esixidos: se, por un lado, máis do 84% da poboación se encontraba servida por sistemas de tratamento, por outro, preto do 80% da auga distribuída era apenas suxeita a desinfección por cloración, sen un control significativo [Cómpre referencia].

No que concirne á existencia de sistemas de drenaxe de augas residuais, o nivel de atención era de preto do 38% correspondendo o restantes 62% a fosas sépticas individuais. O nivel de atención relativamente ao tratamento de augas residuais correspondía apenas a un 24% da poboación, valor relativamente reducido.

Residuos sólidos urbanos (RSU)[editar | editar a fonte]

A produción de RSU tende a aumentar, atinxindo preto de 118,5 mil toneladas, en 2003, sendo preto de 50% producido en San Miguel, 20% na Terceira e o restante nas outras illas. A produción diaria de RSU por habitante atinxe xa os 1,37 Kg, sendo a maior parte constituída por materia orgánica, seguida de material de embalaxe, reforzando a necesidade de recolla selectiva, co obxectivo de reciclar e valorizar estes materiais.

En termos de tratamento e destino final, pese aínda que a construción de vertedoiros controlados e a posta en funcionamento da recolla selectiva, en 2003 verificouse aínda que preto de 6% dos residuos foron depositados en vertedoiros sen control e 13% en vertedoiros controlados.

Residuos industriais e hospitalarios[editar | editar a fonte]

Obsérvase aínda a inexistencia de destino final adecuado para os residuos industriais, verificándose unha fraca adhesión por parte dos industriais de entrega de datos de rexistro das cantidades producidas. En relación aos residuos hospitalarios, tivo o tratamento adecuado, maiormente os considerados perigosos, que son obxecto de incineración e/ou tratamento químico.

Ambiente sonoro[editar | editar a fonte]

Das diversas formas de polución existentes, o ruído é unha das que asume unha expresión nos Azores. Con todo, a existencia dalgunhas reclamacións de particulares indica a posibilidade de situacións puntuais dun nivel sonoro ambiente por riba do desexado. A elaboración dun conxunto significativo de mapas de ruído, a adquisición de equipamentos de medición, permite dispor no futuro próximo de instrumentos de monitoraxe e de apoio ao ordenamento do territorio.

Calidade do ar[editar | editar a fonte]

Os indicadores normalmente utilizados para a caracterización da calidade do ar son o dióxido de xofre (SO2), óxidos de nitróxeno (NOx), monóxido de carbono (CO) e partículas en suspensión. Existen outros contaminantes, como o ozono troposférico (O3), que resultan de reaccións químicas entre contaminantes primarios. Pola lectura dos gráficos abaixo representados, conclúese que as concentracións serán inferiores aos límites estabelecidos na lexislación.

Conservación da natureza[editar | editar a fonte]

En termos da biodiversidade, están identificadas 702 especies exóticas de flora, das cales 36 con carácter invasor. En termos de fauna, están inventariadas 47 especies exóticas, distinguíndose 5 especies invasoras, destacándose nestas últimas o designado escaravello xaponés. No conxunto do arquipélago están protexidas 115 especies, verificándose, no entanto, 215 especies ameazadas.

Áreas clasificadas e protexidas[editar | editar a fonte]

A Rede Natura 2000 engloba 38 lugares, cunha área aproximada de 45,5 mil ha, en canto as áreas protexidas distribúense por 31 lugares, ocupando unha área de 68,4 mil ha. Están definidos 23 Sitios de Importancia Comunitaria (SIC), que abrangue unha área total de 11,8 mil ha, 15 Zonas de Protección Especial (ZPE), cunha área de 11,8 mil ha e está a ser ultimado o Plan Sectorial para a Rede Natura 2000.

Símbolos heráldicos[editar | editar a fonte]

Escudos de Azores
Escudos de Azores

A Rexión Autónoma dos Azores dispón de brasón de armas, bandeira, selo e himno propios. Son os seguintes os diplomas legais que regulan a heráldica azoriana:

  • Decreto Rexional n.º 4/79/A, de 10 de abril. – Aproba os símbolos heráldicos da Rexión Autónoma dos Azores.
    • Decreto Regulamentar Rexional n.º 12/79/A, de 12 de marzo. – Aproba a versión auténtica dos símbolos heráldicos e do Himno dos Azores.
    • Decreto Regulamentar Rexional n.º 13/79/A, de 18 de maio. – Aproba a Bandeira dos Azores e a música do Himno dos Azores, regulando o uso da bandeira e a forma como debe ser hasteada. Alterado polo Decreto Regulamentar Rexional n.º 15/2002/A, de 31 de maio.
    • Decreto Regulamentario Rexional n.º 47/80/A, de 15 de outubro. – Aproba a versión oficial do selo da Rexión Autónoma dos Azores.
    • Decreto Regulamentario Rexional n.º 49/80/A, de 21 de outubro. – Aproba a letra do Himno dos Azores. Regulamenta o Decreto Rexional n.º 4/79/A, de 10 de abril.
    • Decreto Regulamentario Rexional n.º 51/80/A, de 31 de outubro. – Aproba a versión oficial da descrición completa do brasón de armas dos Azores.

A utilización dos símbolos heráldicos réxese polas mesmas normas que a utilización dos símbolos nacionais, debendo con todo dar precedencia a estes.

Historia dos Azores[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia dos Azores.

Con case 600 anos de presenza humana continuada, os Azores ocupan xa un lugar importante na historia portuguesa e na historia do Atlántico. Aínda que se supón a chegada a estas illas por parte de diversos navegantes antes da Idade Media (en tempos do Infante Henrique xa se comentaba o achado dunha estatua ecuestre de pedra atopada nunha cova da illa de Cano, así como, o achado no século XVIII de moedas que se consideraron cartaxinesas e grecocirenaicas e estrañas inscricións na costa das Catro Ribeiras na illa Terceira, o concreto é que cara a fins da Idade Media falábase de diversas terras e illas míticas nas latitudes e lonxitudes do arquipélago hoxe chamado dos Azores: a Atlántida, a Antilla (ou Ante-Illa), a Illa de San Brandán, a Illa Brasil, as Sete Cidades e as Illas Azuis. O certo de todo isto é que á chegada dos portugueses as actuais Azores non estaban habitadas por seres humanos.

Cara á metade da década de 1420 capitáns como Gonçalo Velho Cabral, Diogo de Silves e outros visitan, de forma voluntaria ou accidental, o arquipélago e desde entón as visitas de naves lusas fanse frecuentes. A colonización das illas, inhabitadas naquela época, comezou en 1439 con xente proveniente especialmente das rexións do Algarve e o Alentexo; nos séculos seguinte as illas recibiron colonos doutros países europeos, sobre todo do norte de Francia e de Flandres. En 1583, Filipe II de España como rei de Portugal, enviou unha frota combinada de navíos portugueses e españois para eliminar a presenza dunha frota francesa invasora nos Azores, colgando aos prisioneiros de guerra. As illas Azores foron a penúltima parte do Imperio Portugués en resistirse ao reinado de Filipe II sobre Portugal (a última foi Macau).

A guerra civil de 1820 tivo unha forte repercusión nos Azores. En 1829 en Vila da Praia, os liberais gañaron sobre os absolutistas, facendo de Illa Terceira o cuartel principal do novo réxime portugués e onde se estableceu o Consello de Regencia (Conselho de Regência) de María II de Portugal.

En 1976, os Azores pasaron a ser unha Comunidade Autónoma portuguesa e os distritos de Angra do Heroísmo, Horta e Ponta Delgada en que estiveran divididas ata entón foron suprimidos. Constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para azoriana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]