Robert Peary

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Peary
Nacemento6 de maio de 1856
Lugar de nacementoCresson
Falecemento20 de febreiro de 1920
Lugar de falecementoWashington, D.C.
SoterradoCemiterio Nacional de Arlington
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterBowdoin College e Portland High School
Ocupaciónexplorador, oficial, investigador e escritor
PaiCharles Nutter Peary
NaiMary Webster Wiley Peary
CónxuxeJosephine Cecilia Diebitsch Peary
FillosMarie Ahnighito Peary e Robert Peary Jr.
PremiosPatron’s Medal, Grande Médaille d'Or des Explorations, Medalha Geográfica Cullum, Medalha Charles P. Daly, Hubbard Medal, grande oficial da Lexión de Honor e medalla Livingstone
Na rede
Musicbrainz: fa3346bc-0a80-4b70-8845-b9a326ebfa11 Discogs: 1757858 WikiTree: Peary-20 Find a Grave: 799 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Robert Peary

Robert Edwin Peary, nado en Cresson (Pensilvania) o 6 de maio de 1856 e finado en Washington, D.C. o 20 de febreiro de 1920, foi un explorador americano, considerado a primeira persoa que chegou ao Polo Norte xeográfico, o 6 de abril de 1909.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peary naceu na localidade de Cresson, a 120 km de Pittsburgh, e pasou a súa mocidade en Maine. Foi enxeñeiro civil da mariña dos Estados Unidos. Desde 1886 realiza frecuentes expedicións a Groenlandia e en 1892 navegou o suficientemente ao norte para probar a súa insularidade. En 1905 substituíu o pequeno navío das súas primeiras expedicións, o Winward, por un navío especialmente concibido para as súas exploracións, o Theodore Roosevelt.

A diferenza doutros exploradores el estudou as técnicas de supervivencia que utilizaban os inuit, aprendeu a usar zorras de cans e construír iglús e vestirse con peles. Tamén confiou na poboación nativa como cazadores e guías durante as súas expedicións e foi pioneiro no uso de grupos de apoio e subministración de provisións para a travesía, a todo isto chamóuselle o sistema Peary. Á súa volta da expedición ao Polo Norte suscitouse a polémica con Frederick Cook, que tamén afirmaba que chegara ao Polo Norte mesmo antes, o 21 de abril de 1908, o Congreso dos Estados Unidos entrou na controversia, declarando oficialmente que Peary fora o primeiro en chegar. O certo é que non hai certeza nin evidencias irrefutables que Peary chegara o Polo Norte

Obra[editar | editar a fonte]

Peary é autor de varios libros onde describe as súas expedicións:

  • Northward over the Great Ice (1898)
  • Nearest the Pole (1907)
  • Secrets of Polar Travel (1917).