Sebastián, mártir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sebastián (santo)»)
Sebastián, mártir
Nacementoc. 255
Lugar de nacementoNarbona
Falecemento20 de xaneiro de 287
Lugar de falecementoRoma
Causaflaxelación
SoterradoSan Sebastiano fuori le mura
NacionalidadeRoma Antiga
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsoldado
editar datos en Wikidata ]
  • Este artigo trata sobre o mártir e santo, para o nome de varón véxase Sebastián.
San Sebastián pintado por El Greco entre 1577 e 1578.

Sebastián, coñecido tamén como San Sebastián Mártir, nado en Narbona (Francia) no ano 256 e finado en Roma contra o ano 288, foi un mártir e santo cristián, que foi supostamente martirizado durante o mandato do emperador romano Diocleciano, perseguidor dos cristiáns. Adoita ser representado como un individuo amarrado a un poste e perforado por frechas.

As igrexas católicas celebran o seu día o 20 de xaneiro. A Igrexa Ortodoxa tamén loa este santo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

San Sebastián na igrexa de Santa María de Labrada, Guitiriz

Educouse en Milán. Cumpría coa disciplina militar, mais non participaba nos sacrificios pagáns por consideralos idolatría. Coma cristián, exercitaba o apostolado entre os seus compañeiros, visitando e alentando a outros cristiáns encarcerados por mor da súa relixión. Acabou por ser descuberto e denunciado ao emperador Maximiano (amigo de Diocleciano), quen o obrigou a escoller entre ser soldado ou seguir a Xesús Cristo.

O santo escolleu seguir a Cristo. Decepcionado, o emperador ameazouno de morte, porén Sebastián mantívose firme na súa fe. Enfurecido, condeouno a morrer asetado. Os soldados do emperador levarono ao estadio, espírono, atárono a un poste, e dispararon unha choiva de setas, dándoo por morto. Porén, os seus amigos achegáronse e, ao velo aínda con vida, levárono á casa dunha nobre cristiá romana chamada de Irene ou Erea, dona de Cástulo, que o mantivo agochado e curoulle as feridas até que quedou restablecido.

Os seus amigos aconsellárono de se ausentar de Roma, mais Sebastián negouse rotundamente. Presentouse perante o emperador, quen, desconcertado, dábao por morto, e reprochoulle enerxicamente a súa conduta por perseguir aos cristiáns. Maximiano mandou que o apaleasen até morrer, e os soldados cumpriron desta vez sen erros a misión, botando o seu corpo na Cloaca Máxima de Roma. Os cristiáns recollérono e soterrárono na Vía Apia, na célebre catacumba que leva o nome do santo. Finou no ano 288.

Culto[editar | editar a fonte]

O culto a San Sebastián é moi antigo e está moi estendido. Invócase contra a peste e contra os inimigos do cristianismo, é amais denominado como "o Apolo cristián" por ser un dos santos máis representados na arte.

A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro, sempre vinculada á de san Fabián, na festividade dos Santos Mártires.

En Galicia véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]