Shusaku Endo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shusaku Endo
Nacemento27 de marzo de 1923
Lugar de nacementoNishisugamo e Toquio
Falecemento29 de setembro de 1996
Lugar de falecementoKeio University Hospital e Toquio
CausaHepatite e pneumonía
SoterradoSaint Ignatius Church
NacionalidadeXapón
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Keio, Nada Junior and Senior High School e Toyo Eiwa Jogakuin
Ocupaciónescritor, novelista, guionista, profesor universitario, dramaturgo e biógrafo
PaiTsunehisa Endō
CónxuxeJunko Endō
FillosRyūnosuke Endō
Coñecido porSilêncio
PremiosOrden da Cultura, Prémio Akutagawa, Prémio Tanizaki, Ordem de São Silvestre Papa, Shinchosha literature award, Pessoa de Mérito Cultural e Japan Art Academy Prize
Na rede
IMDB: nm0256870 WikiTree: 遠藤-1 Find a Grave: 6825793 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Shūsaku Endō (遠藤 周作), nado en Toquio en 1923 e finado en 1996, foi un escritor xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu os seus primeiros anos na China, logo da separación dos seus pais en 1933 regresou coa súa nai a Toquio, e converteuse ao catolicismo, a fe da súa nai, en 1934. Estudou literatura francesa nas Universidade de Keiō e de Lión, licenciouse en 1953 e aínda que nos seus anos de estudante comazara a escribir artigos de crítica literaria, as súas primeiras novelas apareceron en 1955, O home branco e O home amarelo.

Os seus libros reflicten moitas das súas experiencias de infancia, o que inclúe o estigma de ser diferente, e en moitos dos seus libros o seu catolicismo adquire un papel central, frecuentemente compárase a súa obra coa de Graham Greene polos conflitos morais que viven os seus protagonistas e pola escrita psicolóxica das súas novelas.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O home branco (1955) (白い人, Shiroi hito)
  • O home amarelo (1955) (黄色い人, Kiiroi hito)
  • O veleno e o mar (1957) (海と毒薬, Umi to dokuyaku), sobre experientos médicos que se realizaron durante a segunda guerra mundial sobre prisioneiros de guerra norteamericanos.
  • Obakasan (1960) (おバカさん, Obaka-san), sobre un francés que visita o Toquio de posguerra.
  • Silenzo (1966) (沈黙, Chinmoku), o primeiro éxito de vendas do autor, considérase a súa mellor obra, relata o labor dos misioneiros portugueses no Xapón do século XVII
  • O país dourado (1970) (黄金の国, Ōgon no kuni), teatro, con moitas semellanzas con Silenzo
  • Samurai (1980) (侍), a súa novela máis vendida, conta a historia do samurai Hasekura Tsunenaga, que enviado como embaixador a España a comezos do século XVII convértese ao cristianismo.
  • Río profundo (1994) (深い河, Fukai kawa), novela que resume toda a súa obra e os seus dilemas espirituais e morais.