Territorio de Dacota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territorio de Dacota entre 1861 e 1889.

O Territorio de Dacota foi un territorio organizado incorporado dos Estados Unidos que existiu dende o 2 de marzo de 1861 até o 2 de novembro de 1889, cando a extensión final do territorio foi reducida e dividida e posteriormente foi admitida á Unión como os estados de Dacota do Norte e Dacota do Sur.

Historia[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de Territorio de Dacota entre 1860 e 1880
Fonte: 1860–1880 (inclúe tanto Dacota do Norte como Dacota do Sur.[1]

O Territorio de Dacota estaba formado pola parte máis ao norte da terra adquirida na compra de Luisiana en 1803, así como a parte máis ao sur da Terra de Rupert, que foi adquirida en 1818 cando o límite foi cambiado ao paralelo 49. O nome refírese á póla dacota das tribos síux que ocupaban a zona nese momento. A maior parte do Territorio de Dacota eran anteriormente parte dos territorios de Minnesota e Nebrasca.[2]

Cando Minnesota se converteu en estado no ano 1858, a zona sobrante entre o río Missouri e o límite oeste de Minnesota quedou desorganizada. Cando se asinou o Tratado de Yankton a finais dese ano, cedendo gran parte do que fora terra india síux ao goberno dos Estados Unidos, os primeiros colonos formaron un goberno provisional e fixeron presión sen éxito para conseguir o estatuto de territorio dos Estados Unidos.[3] Wilmot Wood Brookings foi o gobernador provisional. As vilas de Wilmot e Brookings, así como o condado de Brookings levan o seu nome.[4] Tres anos despois, o presidente electo Abraham Lincoln, parente de J.B.S. Todd fixo presión persoalmente polo status de territorio e o Congreso dos Estados Unidos de América creou formalmente o Territorio de Dacota. Converteuse nun territorio organizado o 2 de marzo de 1861. Trala súa creación, o Territorio de Dacota incluía gran parte dos actuais Montana e Wyoming, así como as actuaia Dacota do Norte e Dacota do Sur e unha pequena parte da actual Nebrasca.[5] O presidente Lincoln nomeou o primeiro gobernador do Territorio de Dacota, William Jayne, que era o vello amigo e veciño de Lincoln de Springfield, Illinois.[6]

Unha pequena parcela de terra coñecida como "Lost Dakota" existiu como un enclave remoto do Territorio de Dacota ata que pasou a formar parte do condado de Gallatin, no Territorio de Montana, en 1873.[7]

Toda a terra ao norte do río Keya Paha (que inclúe a maior parte do condado de Boyd, Nebrasca, e unha parte máis pequena do veciño condado de Keya Paha) era orixinalmente parte de Territorio de Dacota, pero foi transferido a Nebrasca en 1882.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dakota Territory Centennial Commission (1961). Dakota Panorama. Dakota Territory Centennial Commission. OCLC 2063074. 
  • Lauck, Jon K. (2010). Prairie Republic: The Political Culture of Dakota Territory, 1879-1889. University of Oklahoma Press. ISBN 9780806141107. OCLC 455419815. 
  • Waldo, Edna La Moore (1936). Dakota. The Caxton printers, Ltd. OCLC 1813068.