Violación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A violación da aristócrata Lucrecia foi o punto de partida dos acontecementos que levaron o derrocamento da monarquía romana e o establecemento da República romana. Como resultado directo da violación, Lucrecia suicidouse. Moitos artistas e escritores inspiráronse na historia, incluíndo a Shakespeare, Botticelli, Rembrandt, Durero, Artemisia Gentileschi, Geoffrey Chaucer, Thomas Heywood e outros.

Unha violación dunha maneira global é unha infracción ou transgresión, polo que é común empregalo como sinónimo de quebrantamento, en ámbitos diversos, o que dá lugar a termos como violación de domicilio, violación de correspondencia ou violación de contratos, entre outros. Con todo, é usado maioritariamente para referirse á acepción de tipo sexual e indicar que existiu un quebrantamento de orixe sexual, o cal atenta contra a dignidade humana e contra o dereito de liberdade sexual. A violación é xa que logo todo aquel contacto sexual con calquera persoa que non pode (incapaces mentais, menores de idade ou persoas inconscientes) ou non quere dar o seu consentimento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]