Wikipedia:10 cousas que pode que non saibas da Wikipedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

10 cousas que pode que non saibas da Wikipedia consiste nunha lista de reflexións sobre a Wikipedia dirixidas especificamente a aqueles que teñan unha experiencia limitada no proxecto, como poden ser xornalistas, novos lectores ou novos editores. Estas explicacións non soprenderán ós editores experimentados, pero agardamos que sirvan de axuda ó resto do mundo para formarse unha opinión informada sobre o noso traballo.

  1. Non estamos en venda.
    Se temes que Wikipedia poida ser mercada polo simpático xigante da rede do teu barrio, non te desalentes. Wikipedia é un sitio web non comercial xestionado pola Fundación Wikimedia, unha organización sen ánimo de lucro con sede en San Francisco, Estados Unidos de América. Financiámonos mediante doazóns e subvencións, e a nosa misión é en última instancia a de facer chegar o coñecementro libre a calquera persoa do mundo.
    Para máis información consulta Wikimediafoundation.org
  2. O noso traballo pode ser usado por calquera, cunhas poucas condicións.
    A Wikipedia tomou exemplo da comunidade de software libre (que inclúe proxectos como GNU/Linux e Mozilla Firefox), e optamos por non impoñer varias das restriccións que permiten os dereitos de autor. No seu lugar adoptamos unha «licenza de contido libre»: podes copiar, modificar e redistribuir todos os textos creados polos nosos usuarios. Só pedimos que recoñezcas a labor dos contribuidores e que non impoñas novas restriccións sobre o traballo ou mellor con que contribúas.
    Para máis información consulta Wikipedia:Dereitos de autor
  3. Falamos abkazo...
    ...e máis de 280 linguas. Certamente, a maioría das edicións de Wikipedia teñen menos de 10.000 artigos, pero non será porque non o estamos a intentar. Xeralmente, os artigos de cada lingua desenvólvense independentemente, aínda que algúns son traducións directas ou adaptacións realizadas por tradutores voluntarios, nunca por máquinas. A Fundación Wikimedia é apoiada por unha rede de traballo en continuo crecemento de organizacións locais independentes, presentes en decenas de países, que nos axudan a darnos a coñecer no ámbito local. En moitos países, incluído os Estados Unidos de América, a Wikipedia atópase entre os dez sitios web máis visitados.
    Para máis información consulta a Lista de Wikipedias
  4. No podes mudar nada en Wikipedia...
    ...só podes engadir ao proxecto. Wikipedia é unha base de datos cunha memoria eterna. A entrada que les hoxe trátase da última edición; conservamos tódalas versións anteriores e podes acceder a elas en todo momento. Isto permite comparar entre as dúas versións e incluso reeditar unha versión precedente se é necesario. Como lector podes mesmo citar unha versión específica do artigo que estás a ler. Abonda con referirse á dirección (URL) daquela versión, usando a "ligazón permanente" que atopas na esquera do menú de navegación, e serás redirixido a unha páxina cuxos contidos nunca cambiarán. (Porén, se un artigo foi borrado, a túa "ligazón permanente" non funcionará, se ben pode ser recuperado por un administrador).
    Para máis información consulta Wiki
  5. Estamos profundamente preocupados pola calidade do noso traballo.
    Wikipedia ten un sistema de regras e procesos de control de calidade, para intentar mellorar os nosos artigos o máximo posíbel. Os usuarios poden controlar as modificacións en tempo real, observar o desenvolvemento de materias específicas nas que posúan algún grao de coñecemento, seguir as contribucións de cada usuario, sinalar entradas solicitando reparacións ou control por parte doutros usuarios, informar sobre vandalismo e discutir o mérito de cada artigo con outro usuarios. Os nosos mellores artigos están sinalados como artigos de calidade, e os artigos que presentan graves carencias ou problemas son propostos para a súa eliminación. Os "wikiproxectos" céntranse en mellorar os artigos de temas particulares. Preocupámonos por levar o noso traballo coa máxima corrección e estudamos novas formas e novos instrumentos para conseguilo.
    Para máis información consulta Wikipedia:A Taberna
  6. Non pedimos que te fíes de nós.
    Está na natureza mesma dun traballo constantemente actualizado, como é Wikipedia, que mentres algunhas voces alcancen a máis elevada calidade académica, outras sexan -e admitímolo sen maior esforzo- sinxelamente lixo. Somos plenamente conscientes disto. Tratamos de arranxar os problemas de cada artigo, e atopar modos de sinalar eficazmente en que condicións se atopa un artigo en cada momento. De todos modos, no mellor dos casos, Wikipedia é unha enciclopedia e non unha fonte primaria, con tódalas limitacións que isto carrexa. Polo tanto, pregámosche que non condenes á Wikipedia, se non que a uses con coñecemento ben informado do que é e do que representa.
    Para máis información consulta Wikipedia:Advertencia xeral
  7. Non ficamos sós.
    Wikipedia forma parte dun movemento de cultura libre que está xerando cambios na ciencia e na educación. A Fundación Wikimedia xestiona diretamente 10 proxectos irmáns ademais da enciclopedia: Wikcionario (un dicionario), Wikisource (unha biblioteca en liña), Wikimedia Commons (unha selección de arquivos multimedia con máis dun millón de imaxes, sons e vídeo), Wikilibros (unha selección de textos e manuais de intención didáctica), Wikinews (un sitio de xornalismo cidadán), Wikiversity (un instrumento para a aprendizaxe interactiva), Wikicitas (unha recompilación de citas), Wikispecies (un catálogo de tódalas formas de vida), Wikivoyage (unha guía de viaxes) e Wikidata (unha base de datos colaborativa). Como a mesma Wikipedia, todos estes proxectos están publicados con licenza libre e abertos ós contribuidores.
    Para máis información consulta Proxectos Wikimedia
  8. Só somos recolectores de información.
    Os artigos en Wikipedia non se asinan, e os usuarios son voluntarios non retribuídos. Malia que declares ser un docente, que uses o teu nome real ou que prefiras manter o anónimato, as túas modificacións e as túas argumentacións serán xulgadas única e exclusivamente polo seu mérito. Requerimos que sexan citadas as referencias de onde se extraese cada dato que se publica, e non se permite ós editores publicar as súas conclusións propias na redacción dos seus artigos. Os editores de Wikipedia deben seguir un punto de vista neutral: deben limitarse a recompilar opinións relevantes que estean adscritas a fontes fidedignas.
    Para máis información consulta A Wikipedia non é unha fonte primaria
  9. Non somos unha ditadura.
    A Fundación Wikimedia está controlada por un consello de administración (Board of Trustees), do cal, a meirande parte dos seus integrantes foi elixida pola comunidade. Nin o consello nin o persoal da Fundación Wikimedia teñen control sobre as liñas editoriais, e os proxectos están autoxestionados polas respectivas comunidades e regulados por consenso. O fundador da Wikipedia, Jimmy Wales, en ocasións é consultado para dar a última palabra sobre a Wikipedia en lingua inglesa, pero a súa influencia reside no prestixo adquirido e non no seu poder; e os seus pareceres teñen efecto só cando a comunidade o aproba. Wikipedia é transparente e autocrítica; as controversias discútense abertamente e ademais están documentadas na mesma Wikipedia cando alcanzan certa relevancia.
    Para máis información consulta Principais críticas á Wikipedia
  10. Estamos aquí para quedar.
    Agardamos que a Wikipedia fique aquí por algún que outro século dende agora, se é que non muta nalgunha cousa aínda máis significativa. Todo en Wikipedia está estruturado para este fin: as nosas licenzas, a nosa organización e a nosa xestión, a nosa apertura intelectual, as nosas estratexias de financiamento, o noso uso do software libre e o noso incesante esforzo por alcanzar o noso obxectivo. Queremos que imaxines un mundo no que cada ser humano individual poida libremente compartir a suma de todo o coñecemento. Esta é a nosa meta, e precisamos a túa axuda.
    Para máis información consulta Wikimediafoundation.org