Wikipedia:Artigo destacado/febreiro 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francia (en francés: France) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675.417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,5 millóns de habitantes.

Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).