Wikipedia:Liberdade de Panorama en Europa 2015/Vexa máis información

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha nova lexislación sobre copyright está sendo estudada no Parlamento Europeo.

Antecedentes

Alcance actual da liberdade de panorama en Europa.     OK, incluíndo obras de arte     OK só para edificios     OK só para uso non comercial     Non OK     DescoñecidoO novo texto podería cambiar o mapa a vermello ou amarelo en todos os países da UE.

Esta lexislación esperábase que fixera a Liberdade de Panorama universal e pan-europea. A pesar de todos os esforzos para dar a coñecer este problema, e das recomendacións dos outros subcomités, o 16 de xuño de 2015 os membros do Comité de Asuntos Legais aceptaron a emenda 421, que restrinxiría esta Liberdade de Panorama a só o uso non comercial.

Os termos comercial e non comercial non están definidos legalmente de forma clara e esta distinción en Internet algunhas veces é imposible de facer. O movemento Wikimedia fomenta a liberdade nos seus contribuíntes e quere asegurar que os seus materiais educativos son difundidos tan amplamente e eficientemente como sexa posible. Por iso, o contido está licenciado para permitir incluso os usos comerciais.

A proposta adoptada no comité podería, se se converte en lei, abolir as amplas leis de Liberdade de Panorama existentes na maioría dos Estados Membros da UE, facendo que todos os países en verde cambien a vermello ou amarelo neste mapa.

Consecuencias

Facer que a Liberdade de Panorama en Europa quede restrinxida só ó uso non comercial iría en contra da liberdade promovida por Wikimedia. Moitas das imaxes en Wikimedia Commons e nas Wikipedias estarían violando as leis de copyright. E terían que ser borradas.

Estamos a falar de centos de miles de lugares públicos de Europa. É moi complicado estimar exactamente canto contido sería borrado de Wikimedia Commons.

É hora de actuar!

Agora é o momento de actuar! Contacte ós Membros do Parlamento Europeo (MPEs) do seu país — por correo, por teléfono ou visitándoos en Bruselas, Estrasburgo ou o seu distrito se vostede pode.

Go Vaia a Contacte co seu MPE para ver unha lista dos MPEs do seu país e contactar con eles directamente.


Preguntas frecuentes

Que é a Liberdade de Panorama?
A Liberdade de panorama é unha disposición das leis de copyright que permite facer fotos ou vídeos, ou crear outras imaxes (como cadros), de edificios e algunhas veces esculturas e outra arte que está situada de forma permanente nun lugar público, sen infrinxir ningún copyright que podería doutra forma subsistir neses traballos, e publicar esas imaxes. (Vexa máis →)
Que países da UE teñen actualmente Liberdade de Panorama?
Austria, Croacia, Chipre, República Checa, Dinamarca*, Finlandia*, Alemaña, Hungría, Irlanda, Malta, Holanda, Polonia, Portugal, Eslovaquia, España, Suecia, e Gran Bretaña. (* = só para edificios, non para esculturas)
Que países da UE non teñen actualmente Liberdade de Panorama?
Bélxica, Francia, Grecia e Luxemburgo.
Que países da UE teñen Liberdade de Panorama só para uso non comercial?
Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía e Eslovenia.
Onde podo ler máis información?