Wikipedia:Sobre Galicia/decembro 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Aquarium Finisterrae é un centro interactivo situado na cidade da Coruña (Galicia, España) dedicado á divulgación científica sobre aspectos relacionados coa bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral. Atópase na costa da Coruña, entre a Domus e a Torre de Hércules. As súas piscinas exteriores están conectadas co Océano Atlántico e están deseñadas cun sistema que as fai sensibles ás mareas.

No piso superior está a Sala Maremagnum, con máis de 300 especies; a Sala Humboldt (adicada ás exposicións temporais); e a Sala Isabel Castelo (que amosa exposicións de fotografías). No soto está a Sala Nautilus, rodeada de auga, e que fai unha homenaxe ao submarino do Capitán Nemo.