Wikipedia:Sobre Galicia/febreiro 2016

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antón Losada Diéguez, nado en Moldes (Boborás) o 22 de decembro de 1884 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1929, foi un escritor e político galego, integrante da Irmandade da Fala de Ourense, impulsor da revista Nós e correspondente da Real Academia Galega. Foi autor de media ducia de poesías, sete contos, dous escritos políticos, a obra incompleta A domeadora e o discurso "Ouservacións encol da prosa galega", co que ingresou no Seminario de Estudos Galegos. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 1985.