Wikipedia:Sobre Galicia/xuño 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

María Dolores Díaz Baliño, máis coñecida polo hipocorístico Lolita Díaz Baliño, nada na Coruña o 6 de xaneiro de 1905 e finada o 3 de novembro de 1963 na mesma cidade, foi unha pintora e profesora galega, unha gran debuxante e acuarelista, primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes, xunto a Carmen Corredoyra. Durante moito tempo foron as únicas mulleres da institución. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia dedicáronlle o Día da Ilustración 2021.