Xabier Cordal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xabier Cordal
Nacemento27 de novembro de 1965
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta, escritor e crítico literario
XénerosPoesía, narrativa e ensaio
EstudosFiloloxía Galega
PremiosPremio Eusebio Lorenzo Baleirón
Na rede
Dialnet: 2117625 Discogs: 5431410 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xabier Cordal Fustes, nado na Coruña o 27 de novembro de 1965, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela. Desde 1989 exerce como profesor de Lingua e Literatura galegas, actualmente no IES da Terra Chá en Castro Ribeiras de Lea.[1] Reside no Corgo.[2]

Como escritor destaca a súa produción poética. Foi un dos integrantes do grupo poético Ronseltz (Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, 1994) e formou parte das Redes Escarlata (Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003) . Fixo crítica literaria e colaboracións xornalísticas no xa extinto O Correo Galego (dentro do suplemento Revista das Letras) e en Galicia Hoxe. Tamén colaborou en varias publicacións periódicas como A Trabe de Ouro[2] e como articulista de opinión no xornal dixital Vieiros[3]. Mantivo os blogs Monte Alto e Centeás (2010-2014).

Foi ademais autor do guión do filme A mariñeira e letrista do grupo musical Luar na Lubre ("Memoria da noite" ou "Centeás" levan a súa sinatura).

En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • "A ideoloxía reintegracionista (notas de filoloxía política 2.0)"en A Trabe de Ouro, nº 79.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É pai de Sabela e Estevo Cordal Vidal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vieiros: Galiza Hoxe - Xabier Cordal". www.vieiros.com. Consultado o 2022-07-11. 
  2. 2,0 2,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-07-11. 
  3. "Xabier Cordal Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-07-11. 
  4. "Rosalía en Camiño 2022". Fundación Rosalía de Castro. Consultado o 2022-07-03. 
  5. "resistencia da auga [Xabier Cordal]". A poesía necesaria. Consultado o 2022-07-11. 
  6. "resisencia del agua". Baile del Sol (en castelán). Consultado o 2024-01-17. 
  7. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-07-11. 
  8. "Xabier Cordal Premios da Crítica Galicia Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2022. Consultado o 2022-07-11. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]