Youtubeiras+
Youtubeiras+ | |
---|---|
Instancia de | concurso ![]() |
Data | |
Fundación | 2015 ![]() |
Data de estrea | 2017 ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | youtubeiras.gal ![]() |
[ Wikidata ] |
Youtubeiras+ (desde 2024, Youtubeiras+) é un concurso organizado, en 2015, polos Servizos de Normalización Lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.[1] para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube e nas redes sociais en xeral.
A primeira edición foi no ano 2017[2] co nome de Youtubeir@s. Artellouse en 8 categorías: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle, creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica, calidade lingüística e o premio do público.[3]
En 2019 engadiron a categoría vídeo-cantarmos[4] e sumáronse os concellos de Cedeira, A Coruña, Moaña e Rianxo,[5] cunha dotación económica de 6.500 euros.[6] En 2020 pasou a 12 categorías e a unha dotación total de 7.500 euros.[7]
no ano 2024, foi cando mudou a denominación anterior, pasando a ser a actual Youtubeiras+, ao engadir tamén a rede Tik Tok.[1]
Foi recoñecido co Premio Mil Primaveras concedido pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua na categoría de proxecto máis innovador.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Sobre Youtubeiras+". youtubeiras.gal. Consultado o 6 de maio de 2025.
- ↑ Sarasketa, Fernando. Código Cero, ed. "Mañá remata o prazo para presentar vídeos a Youtubeir@s". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ "Unha ducia de vídeos finalistas de Youtubeir@s". Praza Pública. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2019.
- ↑ Fernando Sarasketa (13 de febreiro de 2019). "Volve Youtubeir@s con máis premios e actividades". Código Cero. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Fernando Sarasketa (14 de febreiro de 2019). "Até 13 concellos implícanse este ano no certame Youtubeir@s". Código Cero. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "A Coruña dará acubillo a dúas grandes citas de Youtubeir@s". Código Cero. 11 de marzo de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019.
- ↑ "Os Premios Youtubeir@s entregan os galardóns da edición máis online e máis concorrida do certame". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2020-12-10.
- ↑ Fernando Sarasketa. "Youbeir@s 2019 encara este setembro a súa recta final". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2019-09-18.