Saltar ao contido

JavaScript

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de marzo de 2015 ás 12:33 por Banjo (conversa | contribucións) (Retiro contido que foi trasladado a b:JavaScript)
JavaScript
ParadigmaBaseado en prototipos, Programación orientada a obxectos
Data4 de decembro de 1995
DeseñadorBrendan Eich, Netscape Communications
Última versión1.5
Tipo de datoDébil, dinámico
DialectosJavaScript estándar e JScript (Javascript para IE)
Influído porJava

JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizado principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e o linguaxe C.

Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente, xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.

Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dunha implementación do DOM.

A linguaxe foi inventada por Brendan Eich na empresa Netscape Communications, que é a que fabricou os primeiros navegadores web comerciais. Apareceu por primeira vez no produto de Netscape chamado Netscape Navigator 2.0.

Tradicionalmente, víñase utilizando en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor. JavaScript execútase no axente de usuario ao mesmo tempo que as sentenzas van descargándose xunto co código HTML.

Os autores inicialmente chamárono "Mocha" e máis tarde "LiveScript", pero foi rebautizado coma JavaScript nun anuncio conxunto entre Sun Microsystems e Netscape, o 4 de decembro de 1995.

En 1997 os autores propuxeron JavaScript para que fose adoptado como estándar da European Computer Manufacturers' Association (ECMA), que a pesar do seu nome non é europeo senón internacional, con sede en Xenebra. En xuño de 1997 foi adoptado como un estándar ECMA, co nome de ECMAScript. Pouco despois tamén o foi como un estándar ISO.

JScript é a implementación de ECMAScript de Microsoft, moi similar ao JavaScript de Netscape, pero con certas diferenzas no modelo de obxectos do navegador que fan que ambas versións sexan incompatibles en moitos puntos.

Para evitar estas incompatibilidades, o World Wide Web Consortium deseñou o estándar Document Object Model (DOM, ó Modelo de Obxectos do Documento en castelán), que incorporan Konqueror, as versións 6 de Internet Explorer e Netscape Navigator, Opera versión 7, e Mozilla Application Suite e Mozilla Firefox desde a súa primeira versión.


Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas