Netscape Navigator
Netscape Navigator | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Instancia de | software privativo e Netscape (pt) ![]() ![]() |
Uso | navegador web ![]() |
Datas e localizacións | |
Publicación | 15 de decembro de 1994 ![]() |
Descontinuación | 21 de febreiro de 2008 ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Netscape Comunications Corporation e AOL ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | netscape.com ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Netscape Navigator foi un navegador web, o primeiro comercial, produto estrela de Netscape Communications Corporation, que dominou o mercado entre entre 1996 e 1999.
Historia
[editar | editar a fonte]Desenvolveuno o equipo dirixido por Marc Andreesen, que creou o Mosaic, ao que substituíu rapidamente. Saíu ao mercado o 13 de outubro de 1994 co nome de Mosaic Netscape 0.9.
Netscape Navigator creou novos estándares para a presentación de páxinas web, como táboas e marcos, e foi tamén o primeiro en incluír unha linguaxe de script, ao introducir na súa versión 2.0 JavaScript. En marzo de 1988 Netscape liberou a maioría do código fonte do navegador e o colocou baixo a licenza de software libre.
Fin de Netscape
[editar | editar a fonte]O 14 de xullo de 2003, AOL anuncióu retiraría todo o persoal de desenvolvemento que traballaba na versión de Netscape de Mozilla. En 2008 publicouse Netscape 9.0.0.6, a derradeira versión do navegador, e o 1 de marzo dese mesmo ano cancelouse o soporte, iso significa que a partir desa data non recibiu arranxos de seguridade e non se publicaron novas versións do software.
Réplicas de Netscape
[editar | editar a fonte]Algúns usuarios, aproveitando o código de Mozilla Firefox, intentaron revivir Netscape Navigator. Entre estes proxectos están Netscape Reloaded e Netstep, engadindo funcionalidade, ferramentas, e aspectos semellantes as usadas polo navegador mediante extensións.
Versións
[editar | editar a fonte]- Mosaic Netscape 0.9 – 13 de outubro, 1994
- Netscape Navigator 1.0 – 15 de decembro, 1994
- Netscape Navigator 2.0 – 18 de setembro, 1995
- Netscape Navigator 3.0 – 19 de agosto, 1996
- Netscape Navigator 4.0 (coñecido como Netscape Communicator) – xuño 1997
- Netscape Navigator 5.0 – Cancelada
- Netscape Navigator 6.0 – 14 de novembro, 2000
- Netscape Navigator 7.0 – 2002
- Netscape Navigator 8.0 – maio, 2005
- Netscape Navigator 9.0 – outubro, 2007
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Netscape Navigator ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do navegador Arquivado 30 de xuño de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)