JavaScript
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Banjo (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 10 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
JavaScript | |
---|---|
![]() | |
Paradigma | Baseado en prototipos, Programación orientada a obxectos |
Data | 4 de decembro de 1995 |
Deseñador | Brendan Eich |
Desenvolvedor | Netscape Communications, Mozilla Foundation |
Última versión | 1.8.5[1] |
Tipo de dato | Débil, dinámico |
Dialectos | JavaScript estándar e JScript (Javascript para IE) |
Influído por | Java |
Influíu | ActionScript, AtScript, CoffeeScript, Dart, JScript .NET, Objective-J, QML, TypeScript, LiveScript |
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizado principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e o linguaxe C.
Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente, xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.
Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dunha implementación do DOM.
A linguaxe foi inventada por Brendan Eich na empresa Netscape Communications, que é a que fabricou os primeiros navegadores web comerciais. Apareceu por primeira vez no produto de Netscape chamado Netscape Navigator 2.0.
Tradicionalmente, víñase utilizando en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor. JavaScript execútase no axente de usuario ao mesmo tempo que as sentenzas van descargándose xunto co código HTML.
Os autores inicialmente chamárono "Mocha" e máis tarde "LiveScript", pero foi rebautizado coma JavaScript nun anuncio conxunto entre Sun Microsystems e Netscape, o 4 de decembro de 1995.
En 1997 os autores propuxeron JavaScript para que fose adoptado como estándar da European Computer Manufacturers' Association (ECMA), que a pesar do seu nome non é europeo senón internacional, con sede en Xenebra. En xuño de 1997 foi adoptado como un estándar ECMA, co nome de ECMAScript. Pouco despois tamén o foi como un estándar ISO.
JScript é a implementación de ECMAScript de Microsoft, moi similar ao JavaScript de Netscape, pero con certas diferenzas no modelo de obxectos do navegador que fan que ambas versións sexan incompatibles en moitos puntos.
Para evitar estas incompatibilidades, o World Wide Web Consortium deseñou o estándar Document Object Model (DOM, ó Modelo de Obxectos do Documento en castelán), que incorporan Konqueror, as versións 6 de Internet Explorer e Netscape Navigator, Opera versión 7, e Mozilla Application Suite e Mozilla Firefox desde a súa primeira versión.
Notas
- ↑ Developer.mozilla.org, ed. (18 de novembro de 2012). "New in JavaScript 1.8.5 | Mozilla Developer Network" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2013.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: JavaScript ![]() |
![]() |
O Galilibros ten un manual sobre: JavaScript |
Outros artigos
Ligazóns externas
- referencia de JavaScript, de Sun (en inglés)
- Javascript módulo Perl en CPAN para executar JavaScript embebido en programas Perl, usando o motor SpiderMonkey (en inglés)
- JE módulo Perl en CPAN. Un motor ECMAScript (JavaScript) escrito en Perl (en inglés)
- módulos Perl para JavaScript en CPAN (en inglés)