Saltar ao contido

JavaScript

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de marzo de 2015 ás 11:25 por Banjo (conversa | contribucións) (+ historia dende en:JavaScript)
JavaScript
ParadigmaBaseado en prototipos, Programación orientada a obxectos
Data4 de decembro de 1995
DeseñadorBrendan Eich
DesenvolvedorNetscape Communications, Mozilla Foundation
Última versión1.8.5[1]
Tipo de datoDébil, dinámico
DialectosJavaScript estándar e JScript (Javascript para IE)
Influído porJava
InfluíuActionScript, AtScript, CoffeeScript, Dart, JScript .NET, Objective-J, QML, TypeScript, LiveScript

JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizado principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e o linguaxe C.

Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente[2], xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.[3]

Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dunha implementación do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor. JavaScript execútase no axente de usuario ao mesmo tempo que as sentenzas van descargándose xunto co código HTML.

Historia

Comezos

A linguaxe foi inicialmente definida por Brendan Eich na empresa Netscape Communications. Netscape buscaba un linguaxe interpretado máis lixeiro que complementase á Java atraendo a programadores non profesionais dunha forma semellante ao Microsoft Visual Basic.[4]

Inicialmente déuselle o nome de Mocha, e posteriormente LiveScript nas súas primeiras implementacións en versións beta do Netscape Navigator 2.0, en setembro de 1995. Foi renomeado coma JavaScript nun anuncio conxunto de Netscape e Sun[5] cando se lanzou na versión 2.0B3 do navegador de Netscape.[6]

O nome final de JavaScript causou confusión dando a impresión de que a linguaxe era derivada de Java, polo que a elección do nome foi caracterizada coma unha manobra de mercadotecnia de Netscape para darlle máis renome grazas a popularidade da outra linguaxe.[7][8]

Adopción por parte de Microsoft

As tecnoloxías de Microsoft Windows VBScript e JScript lanzáronse en 1996. JScript, adaptado dende o JavaScript de Netscape, formou parte do lanzamento o 16 de xullo de 1996 do Internet Explorer 3, ademáis de incluírse do lado do servidor no Internet Information Server. IE3 tamén incluíu o primeiro soporte de Microsoft para CSS e varias extensións de HTML, pero as implementacións eran notablemente diferentes ás do Netscape Navigator.[9][10]

Estandarización

En 1997 os autores propuxeron JavaScript para que fose adoptado como estándar da European Computer Manufacturers' Association (ECMA), que a pesar do seu nome non é europeo senón internacional, con sede en Xenebra. En xuño de 1997 foi adoptado como un estándar ECMA, co nome de ECMAScript. Pouco despois tamén o foi como un estándar ISO.

JScript é a implementación de ECMAScript de Microsoft, moi similar ao JavaScript de Netscape, pero con certas diferenzas no modelo de obxectos do navegador que fan que ambas versións sexan incompatibles en moitos puntos.

Para evitar estas incompatibilidades, o World Wide Web Consortium deseñou o estándar Document Object Model (DOM, ó Modelo de Obxectos do Documento en castelán), que incorporan Konqueror, as versións 6 de Internet Explorer e Netscape Navigator, Opera versión 7, e Mozilla Application Suite e Mozilla Firefox desde a súa primeira versión.

Notas

  1. Developer.mozilla.org, ed. (18 de novembro de 2012). "New in JavaScript 1.8.5 | Mozilla Developer Network" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2013. 
  2. "ECMAScript Language Specification" (PDF) (en inglés). 
  3. The Little JavaScripter (en inglés)
  4. Severance, Charles (febreiro de 2012). "JavaScript: Designing a Language in 10 Days". Computer (en inglés) 45 (2) (IEEE Computer Society). pp. 7–8. doi:10.1109/MC.2012.57. Consultado o 23 de marzo de 2013. 
  5. Press release announcing JavaScript, "Netscape and Sun announce JavaScript", PR Newswire. 4 de decembro de 1995 (en inglés)
  6. "TechVision: Innovators of the Net: Brendan Eich and JavaScript" (en inglés). Web.archive.org. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2008. 
  7. "Programming languages used on the Internet and the World Wide Web (WWW)" (en inglés). Webdevelopersnotes.com. Consultado o 19 de maio de 2009. 
  8. "O'Reilly - Safari Books Online - 0596101996 - JavaScript: The Definitive Guide, 5th Edition" (en inglés). Safari.oreilly.com. Consultado o 19 de maio de 2009. 
  9. Champeon, Steve (4 de xuño de 2001). "JavaScript: How Did We Get Here?". O'Reilly Media. Consultado o 9 de marzo de 2015. 
  10. "Microsoft Internet Explorer 3.0 Beta Now Available". Microsoft. 29 de maio de 1996. Consultado o 9 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas