JavaScript
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Banjo (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 10 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
JavaScript | |
---|---|
![]() | |
Paradigma | Baseado en prototipos, Programación orientada a obxectos |
Data | 4 de decembro de 1995 |
Deseñador | Brendan Eich |
Desenvolvedor | Netscape Communications, Mozilla Foundation |
Última versión | 1.8.5[1] |
Tipo de dato | Débil, dinámico |
Dialectos | JavaScript estándar e JScript (Javascript para IE) |
Influído por | Java |
Influíu | ActionScript, AtScript, CoffeeScript, Dart, JScript .NET, Objective-J, QML, TypeScript, LiveScript |
JavaScript (JS) é unha linguaxe de programación interpretada, é dicir, que non require compilación, utilizado principalmente en páxinas web, cunha sintaxe semellante á da Linguaxe Java e o linguaxe C.
Ao contrario que Java, JavaScript non é unha linguaxe orientada a obxectos propiamente[2], xa que non dispón de herdanza, é máis ben unha linguaxe baseado en prototipos, xa que as novas clases xéranse clonando as clases base (prototipos) e estendendo a súa funcionalidade.[3]
Todos os navegadores interpretan o código JavaScript integrado dentro das páxinas web. Para interactuar cunha páxina web provese á linguaxe JavaScript dunha implementación do DOM. O seu uso máis estendido atópase en páxinas web HTML para realizar tarefas e operacións no marco da aplicación unicamente cliente, sen acceso a funcións do servidor. JavaScript execútase no axente de usuario ao mesmo tempo que as sentenzas van descargándose xunto co código HTML.
Historia
Comezos
A linguaxe foi inicialmente definida por Brendan Eich na empresa Netscape Communications. Netscape buscaba un linguaxe interpretado máis lixeiro que complementase á Java atraendo a programadores non profesionais dunha forma semellante ao Microsoft Visual Basic.[4]
Inicialmente déuselle o nome de Mocha, e posteriormente LiveScript nas súas primeiras implementacións en versións beta do Netscape Navigator 2.0, en setembro de 1995. Foi renomeado coma JavaScript nun anuncio conxunto de Netscape e Sun[5] cando se lanzou na versión 2.0B3 do navegador de Netscape.[6]
O nome final de JavaScript causou confusión dando a impresión de que a linguaxe era derivada de Java, polo que a elección do nome foi caracterizada coma unha manobra de mercadotecnia de Netscape para darlle máis renome grazas a popularidade da outra linguaxe.[7][8]
Adopción por parte de Microsoft
As tecnoloxías de Microsoft Windows VBScript e JScript lanzáronse en 1996. JScript, adaptado dende o JavaScript de Netscape, formou parte do lanzamento o 16 de xullo de 1996 do Internet Explorer 3, ademáis de incluírse do lado do servidor no Internet Information Server. IE3 tamén incluíu o primeiro soporte de Microsoft para CSS e varias extensións de HTML, pero as implementacións eran notablemente diferentes ás do Netscape Navigator.[9][10]
Estandarización
En 1997 os autores propuxeron JavaScript para que fose adoptado como estándar da European Computer Manufacturers' Association (ECMA), que a pesar do seu nome non é europeo senón internacional, con sede en Xenebra. En xuño de 1997 foi adoptado como un estándar ECMA, co nome de ECMAScript. En 1998 foi adaptado á ISO/IEC-16262. A última versión do estándar ECMAScript é a 5.1, que data do ano 2011.[11]
Ademáis, para evitar incompatibilidades, o World Wide Web Consortium deseñou o estándar Document Object Model (DOM, ó Modelo de Obxectos do Documento en castelán), que incorporan Konqueror, as versións 6 de Internet Explorer e Netscape Navigator, Opera versión 7, e Mozilla Application Suite e Mozilla Firefox desde a súa primeira versión.
Notas
- ↑ Developer.mozilla.org, ed. (18 de novembro de 2012). "New in JavaScript 1.8.5 | Mozilla Developer Network" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2013.
- ↑ "ECMAScript Language Specification" (PDF) (en inglés).
- ↑ The Little JavaScripter (en inglés)
- ↑ Severance, Charles (febreiro de 2012). "JavaScript: Designing a Language in 10 Days". Computer (en inglés) 45 (2) (IEEE Computer Society). pp. 7–8. doi:10.1109/MC.2012.57. Consultado o 23 de marzo de 2013.
- ↑ Press release announcing JavaScript, "Netscape and Sun announce JavaScript", PR Newswire. 4 de decembro de 1995 (en inglés)
- ↑ "TechVision: Innovators of the Net: Brendan Eich and JavaScript" (en inglés). Web.archive.org. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2008.
- ↑ "Programming languages used on the Internet and the World Wide Web (WWW)" (en inglés). Webdevelopersnotes.com. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ "O'Reilly - Safari Books Online - 0596101996 - JavaScript: The Definitive Guide, 5th Edition" (en inglés). Safari.oreilly.com. Consultado o 19 de maio de 2009.
- ↑ Champeon, Steve (4 de xuño de 2001). "JavaScript: How Did We Get Here?". O'Reilly Media. Consultado o 9 de marzo de 2015.
- ↑ "Microsoft Internet Explorer 3.0 Beta Now Available". Microsoft. 29 de maio de 1996. Consultado o 9 de marzo de 2015.
- ↑ "Standard ECMA-262" (PDF). Consultado o 26 de maio de 2013.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: JavaScript ![]() |
![]() |
O Galilibros ten un manual sobre: JavaScript |
Outros artigos
Ligazóns externas
- referencia de JavaScript, de Sun (en inglés)
- Javascript módulo Perl en CPAN para executar JavaScript embebido en programas Perl, usando o motor SpiderMonkey (en inglés)
- JE módulo Perl en CPAN. Un motor ECMAScript (JavaScript) escrito en Perl (en inglés)
- módulos Perl para JavaScript en CPAN (en inglés)