Saltar ao contido

Agravain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Agravain
Tipopersonaxe lendario Editar o valor en Wikidata
Obra
Universo ficticiouniverso artúrico Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Inimigo/aLancelot Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónasasino Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiMorgause Editar o valor en Wikidata
PaiRei Lot Editar o valor en Wikidata
Irmá/nGauvain, Gaheris e Gareth Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Sir Agravain ou Sir Agravaine é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É o segundo fillo do Rei Lot e a raíña Morgause e á súa vez, sobriño do Rei Artur. Os seus irmáns son Gauvain, Gaheris, Gareth e Mordred.

Agravain adoita ser representado como un guerreiro competente pero que non acada a gloria dos seus irmáns Gauvain e Gareth. Ten reputación de malicioso. Na meirande parte das versións da lenda artúrica, Agravain aparece como o personaxe que descobre e saca á luz o romance adúltero entre a raíña Xenevra e Lanzarote do Lago, desencadeando unha guerra entre Lancelot e o rei Artur, que desembocaría na perdición do reino.

Na literatura medieval é nomeado nos seguintes libros: Perceval ou le Conte du Graal e Le Livre de Caradoc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]