Saltar ao contido

Chunta Aragonesista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CHA»)
Chunta Aragonesista

Tipopartido político español Editar o valor en Wikidata
Parte deSumar Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaecossocialismo (pt) Traducir, Nacionalismo aragonés, republicanismo, federalismo e populismo de esquerda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición políticaesquerda política Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Cargo dirixenteQ62396057 Traducir Editar o valor en Wikidata
Escanos
0 Senado de España (16 de maio de 2025)
0 Parlamento Europeo (16 de maio de 2025)
1 Congreso dos Deputados de España (16 de maio de 2025) Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación29 de xuño de 1986 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°N 1°O / 41, -1
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAragón Editar o valor en Wikidata
SedeZaragoza Editar o valor en Wikidata
Ligazóns
Páxina WEBchunta.com Editar o valor en Wikidata
RedesBNE: XX99551
Wikidata ] C:Commons ]

A Chunta Aragonesista[a] (CHA, tamén coñecido como Chunta ou La Chunta) é un partido político nacionalista aragonés de esquerdas. Foi creado en 1986 trala unión de varias asociacions culturais, sociais, pacifistas e nacionalistas aragonesas.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

Considéranse influídos polas experiencias do movemento socialista, dos movementos pola emancipación social e nacional, e das correntes ecopacifistas, feministas e humanistas. Ten sido un dos partidos que máis se ten pronunciado en defensa do Ebro e contra a política de transvasamentos dos gobernos de España. Defenden o dereito de autodeterminación para o pobo aragonés. Buscan tamén o recoñecemento oficial do idioma aragonés e do catalán naqueles lugares onde se fale. A Chunta Aragonesista é membro da Alianza Libre Europea e da coalición europea Europa dos Pobos.

Organización

[editar | editar a fonte]

A Asambleya Nazional (Asemblea Nacional) é o órgano supremo de representación e decisión da CHA. Establece as súas liñas políticas, os seus programas e principios, elixe aos membros da Maya de Pleitos, aos do Comité Nacional e ao presidente de CHA. Ten ademais a potestade de modificar os estatutos e o regulamento da organización. Componse por delegados (polo menos un por cada organización comarcal) que se reúnen cada tres anos.

O presidente é elixido pola Asambleya de entre os seus integrantes, mediante sufraxio directo, secreto e libre. Outros cargos executivos da CHA son a secretaría xeral e, no seu caso, a vicesecretaría ou vicesecretarías xerais. O presidente designa, de entre os membros do Consello Nazional (Consello Nacional), ao seretario xeral. Tamén pode designar a un ou varios vicesecretarios xerais.

O Comité Nazional (Comité Nacional) e o órgano decisorio da CHA entre asembleas nacionais; asume a dirección, goberno, administración e coordinación do partido. Establece a estratexia política pertinente seguindo as liñas da Asambleya Nazional e aproba o orzamento e as listas electorais. Reúnese, polo menos, cinco veces ao ano. Froman parte del oitenta persoas elixidas pola asemblea en lista aberta, o presidente do partido e os presidentes dos Ligallos de Redolada (agrupacións comarcais e dos Ligallos d'Emigración (actualmente só tres: Madrid, Cataluña e Valencia).

A Maya de Pleitos e o tribunal de última instancia na interpretación dos estatutos. Compóñena sete persoas. As súas función son, ademais de interpretar os estatutos: resolver sobre as obxeccións ás solicitudes de afiliación á CHA e outras funcións de mediación, conciliación e arbitraxe.

O Consello Nazional (Consello Nacional) é o órgano executivo supremo entre comités nacionais, encargado de dirixir a actividade do partido. Son facultades súas a elección dos acordos tomados polos demais órganos nacionais, a coordinación das agrupacións comarcais, a elaboración do orzamento e a autorización de gastos. Está formado polo presidente da CHA e vinte conselleiros electos por e entre os membros do Comité Nacional. Reúnese polo menos unha vez ao mes e as súas decisións teñen carácter vinculante.

Por último, cada comarca organízase nun Ligallo de Redolada ou agrupación comarcal que, funcionando en plenario, denomínase Asambleya de Redolada (Asemblea Comarcal) e cuxo órgano de toma de decisións é o Consello de Redolada (Consello comarcal). No caso de Zaragoza, dada a cantidade de afiliados creouse un Comité de Redolada (Comité Comarcal) como órgano intermedio, a imaxe da organización do partido. Os órganos comarcales elixen ao presidente comarcal, establecen as liñas de actuación política que se seguirán na comarca e elaboran as listas de candiatos das eleccións municipais.

Os afiliados nun mesmo municipio organízanse a través de agrupacións locais (Ligallos de lugar), xeralmente estruturados nun plenario denominado Asableya de Lugar (Asemblea Local). No caso de Zaragoza, existe un órgano reitor desta asemblea. Ademais, tamén existen na cidade de Zaragoza asembleas de distrito (asambleyas de bico), que canalizan a participación nun mesmo distrito municipal e apoian a labor dos vogais nas xuntas de distrito.

Nacemento e primeiros pasos

[editar | editar a fonte]

Despois da efervescencia na esquerda de Aragón causada polo Referendo sobre a permanencia de España na OTAN e tras a posta en funcionamento das novas institucións autonómicas, o 29 de xuño de 1986 un centenar de persoas, vinculadas a diversas asociacións culturais, sociais, pacifistas e nacionalistas, reunidas nunha asemblea constutuínte, decidiron crear un novo partido político, nacionalista aragonés e de esquerda. O primeiro nome foi o de Unión Aragonesista-Chunta Aragonesista (UA-CHA). O 20 e 21 de decembro a UA-CHA celebrou en Zaragoza a súa I Asemblea Nacional (congreso), co lema trilingüe Porque ya era hora. Porque ya caleba. Perquè ja calia. Nesta asemblea o partido escolleu os seus primeiros presidentes, Eduardo Vicente de Vera e Chesús Bernal, respectivamente.

O 10 de xullo de 1987 a CHA concorreu por primeira vez a unhas eleccións, concretamente á tripla convocatoria electoral dese mes (Cortes de Aragón, municipais e eleccións ao Parlamento Europeo). Os resultados foron escasons, apenas 6.154 votos (1% do total nas autonómicas), aínda que conseguiron os seus primeiros representantes locais no concello de Artieda.[1] Nas eleccións ao Parlamento Europeo participaron na coalición Esquerda dos Pobos, xunto a Euskadiko Ezkerra e a outros partidos nacionalistas, que non logrou obter representación.

Azucena Lozano asumiu a presidencia do partido na súa II Asemblea Nacional, celebrada en Huesca o 17 e 18 de decembro de 1988, co lema bilingüe Recuperar el pasado, construir el futuro. Rechirar o pasau, fer o futuro. No seu equipo continuou Chesús Bernal como secretario xeral e houbo a incorporación de Bizén Fuster como vicepresidente. No ano seguinte (1989), tiveron lugar unhas novas eleccións ao Parlamento Europeo, nas que Juan María Bandrés, cabeza de lista da Esquerda dos Pobos, da que CHA formou novamente parte, consegue ser escollido eurodiputado. Nas eleccións xerais do mesmo ano CHA mellorou levemente os seus resultados. Nesta etapa de crecemento é cando o partido decide adoptar como única denominación a forma aragonesa do seu nome orixinal, Chunta Aragonesista, e as siglas CHA.

Consolidación e crecemento

[editar | editar a fonte]

Durante os anos 90 a CHA experimentaría un crecemento continuo nas diversas convocatorias electorais da década. Nas eleccións autonómicas de 1991 o partido quedou moi preto de obter representación nas Cortes de Aragón grazas a un importante aumento de votantes nas provincias de Zaragoza e Huesca. Nas eleccións municipais dese ano o partido tamén escolleu os seus primeiros alcaldes, nas localidades de Artieda e Castillazuelo, así como representación en concellos importantes como Teruel ou Jaca/Chaca.[2] Nestes anos a Chunta gañaría proxección nos medios, en especial grazas ás súas protestas contra o trasvase do río Ebro.

Chesús Bernal e Chesús Yuste, primeiros deputados da CHA nas Cortes de Aragón.

A IV Asemblea Nacional, celebrada na capital aragonesa en xaneiro de 1995 supuxo a elección de Bizén Fuster como presidente, Chesús Bernal como secretarío xeral e Chesús Yuste como vicesecretario xeral. Nas eleccións autonómicas e locais do 28 de maio do mesmo ano o partido obtivo por primeira vez dous deputados nas Cortes (Bernal e Yuste), así coma nos principais concellos de Aragón (Zaragoza, Huesca e Teruel) e conseguindo unha terceira alcaldía (Biscarrués).

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Cortes de Aragón

[editar | editar a fonte]
Cortes de Aragón
Elección Votos % Posto Deputados +/– Líder Goberno
Situación Período
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1987 6.154 0,96%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
0 Eduardo Vicente Sen presenza nas Cortes 1987–1995
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1991 14.116 2,30%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
0 Chus Beltrán
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1995 34.077 4,85%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
2 Chesús Bernal Oposición 1995–2015
Eleccións ás Cortes de Aragón de 1999 72.101 11,04%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
3
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2003 97.763 13,71%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
4
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2007 54.752 8,15%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
5
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2011 55.932 8,23%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
0 Nieves Ibeas
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2015 30.618 4,58%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
2 José Luis Soro Goberno de coalición (PSOE–CHA) 2015–2019
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2019 41.879 6,26%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
1 Goberno de coalición (PSOEP's–CHA–PAR) 2019–2023
Eleccións ás Cortes de Aragón de 2023 34.163 5,10%
  1. REDIRECCIÓN Modelo:Partido político/escanos
0 Joaquín Palacín Oposición 2023-actualidade

Símbolos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. "Consulta de resultados electorales. Ministerio del Interior". www.infoelectoral.mir.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-08. 
  2. Barberà, O., & Rodríguez, J. (2009). Los partidos de ámbito no estatal en Aragón: el Partido Aragonés y la Chunta Aragonesista. Papers: revista de sociologia, (92), 171-195. pp. 187.
  1. "Chunta" é unha palabra aragonesa que quere dicir "unión", e non "xunta" como a palabra similar galega.