Cachelo
Aparencia
Cachelo | |
---|---|
![]() Polbo con cachelos | |
Nome orixinal | cachelos ![]() |
Subclase de | prato de pataca ![]() |
Prato | acompañamento ![]() |
Gastronomía | gastronomía de Galicia ![]() |
Ingredientes | |
pataca e sal común ![]() | |
Orixe | |
País de orixe | España ![]() |
Contacto | |
TasteAtlas | cachelos ![]() |
[ Wikidata ] |
Un cachelo é unha pataca cortada en anacos ou cachos.[1] Non se trata de ningunha variedade de pataca específica con esta denominación.
Xeralmente o produto vén cortado en toradas e acompaña moitos pratos da gastronomía galega, cobrando especial relevancia no coñecido como polbo á feira, ou tamén as sardiñas.
Nalgunhas zonas denomínanse cachelos ás patacas cocidas con monda, sen engadir máis nada que auga e sal.[2] Noutros casos é tamén o nome dos cachos de pataca con ollos que se emprega para semente.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachelo.
- ↑ En Sada, Cabalar, Toba, Dumbría, Compostela, Novefontes, O Grove, O Valadouro ou Ramirás, segundo Constantino García Glosario de voces galegas de hoxe.