Saltar ao contido

Convento Cluniense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConvento Cluniense
Imaxe

Localización
Mapa
 41°46′56″N 3°23′42″O / 41.78225, -3.395119
Rexión históricaHispania
Provincia romanaTarraconense Editar o valor en Wikidata
CapitalClunia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Tarraconense (século I–)
Gallaecia (século III–) Editar o valor en Wikidata

O conventus cluniensis ou convento clunense, foi unha entidade administrativa romana sita no Norte-Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Clunia (preto da actual Coruña del Conde), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio.

Tiña como lindes meridionais a fronteira natural do Sistema Central lindando coas provincias da Lusitania e Cartaxinense, polo norte a propia liña costeira cantábrica desde o río Sella ata o interior do territorio actual do País Vasco. Polo oeste o río Esla, lindando co veciño conventus asturicensis, e polo leste chegando ata a actual provincia de Soria, preto da Rioxa e Navarra, nos contrafortes do Sistema Ibérico onde lindaba co conventus cesaraugustanus.

Extensión do conventus cluniensis dentro da Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século IV dentro do Imperio Romano.

Desde o século I, pertenceu á provincia de Tarraco ou tarraconensis, integrándose finalmente na provincia da Gallaecia darredor do século III-IV ata a disolución do Imperio Romano de Occidente. Nel convivían numerosos pobos como os cantabri, varduli, autrigoni, turmodigi, vaccei, beroni e celtiberi, introducíndose posteriormente poboacións vascoas nos límites orientais deste convento xurídico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]