Saltar ao contido

Daisy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Daisy Duck»)
Daisy

Tipoparrulo antropomórfico, personaxe de banda deseñada, personaxe animado, personaxe de televisión, personaxe cinematográfico, personaxe de videoxogo e personaxe do universo principal de Disney Editar o valor en Wikidata
Obra
Primeira apariciónMr. Duck Steps Out Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso do pato Donald e Ol' Benttail Coyote Editar o valor en Wikidata
Creador/aCarl Barks e Jack King Editar o valor en Wikidata
Interpretado porDiane Michelle e Tress MacNeille Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Actividade
ResidenciaDuckburg Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaPato Donald Editar o valor en Wikidata
ParenteApril Duck, May Duck, June Duck, Dimwitty Duck e Dottie Duck Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBmickey.disney.com… Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: DisneyDaisyDuck Spotify: 3VR3ZcAA45yBP6dWY145bB iTunes: 193196031 Musicbrainz: 8fea6e63-2fc7-4d02-8f47-a4dd8a7ef08c Discogs: 3078038 Deezer: 1483178 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Daisy (Daisy Duck no orixinal en inglés), é unha das personaxes de banda deseñada e debuxos animados da Disney. Foi creada como a namorada do Pato Donald, e apareceu por primeira vez na historieta Mr. Duck Steps Out en 1940.

Daisy fala en galego no filme de 1988: Quen enganou a Roger Rabbit?.

Daisy ten o temperamento de Donald, mais ten un gran control sobre este, e tende a ser máis sofisticada que o seu namorado. Ela xeralmente non usa pantalóns nin vestido. Amósase xeralmente a súa grande afinidade con Donald.

Daisy substitúe (ou, segundo algunhas fontes, representa unha forma posterior de) un interese amoroso antigo chamada Donna Duck, que apareceu por vez primeira nos debuxos animados Don Donald en 1937. Nunha tira de 1951, Donna volveu, por continuidade retroactiva como unha parrula mexicana, que funcionaba coma rival de Daisy para facer as beiras de Donald.

Daisy é a tía das trixéminas April, May e June (coñecidas en Galicia cos nomes casteláns: Abril, Mayo e Junio[Cómpre referencia]), que serven como contraparte de Huey, Dewey, e Louie (coñecidos en Galicia cos nomes casteláns: Juanito, Jorgito e Jaimito), os sobriños de Donald.

Nalgunhas aparicións, Daisy preséntase coma amiga íntima de Minnie Mouse.

Ademais dos debuxos animados, Daisy é unha personaxe habitual na banda deseñada nos cómics do Pato Donald. Tivo incluso as súas propias historietas.

Tódalas curtametraxes

[editar | editar a fonte]

Tódolos filmes

[editar | editar a fonte]

Series infantís

[editar | editar a fonte]

Actrices de dobraxe

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]