Saltar ao contido

Premios Emmy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Emmy»)
Premios Emmy

Tipopremio de televisión e grupo de premios Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Creador/aAcademia das Artes e das Ciencias da Televisión e Academia Nacional de Artes e Ciências Televisivas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1949 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBemmys.com… Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: TelevisionAcad Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Os premios Emmy son galardóns que se entregan anualmente como premio á excelencia na industria da televisión estadounidense.

Organizacións

[editar | editar a fonte]

Tres organizacións separadas, pero relacionadas, presentan os premios Emmy:

Os máis coñecidos son os Premios Primetime Emmy, seguido polos Premios Daytime Emmy, tendo ambos as súas propias categorías dos Emmy ás Artes Creativas (Creative Arts Emmys).

Os premios Emmy foron entregados por primeira vez o 25 de xaneiro de 1949 no Hollywood Athletic Club. Os trofeos dos Premios Emmy son fabricados por unha compañía privada no cárcere de máxima seguridade O Dorado Correctional Facility, n'O Dourado, Kansas.

O nome Emmy tivo as súas orixes no termo Immy, que se usou nos primeiros tempos da televisión para identificar o tubo de rexistro de imaxes das cámaras. As iniciais da palabra "imaxe" en diminutivo, Immy, transformáronse no nome Emmy, de carácter máis feminino. A estatuilla, que representa a unha muller, deseñouna o enxeñeiro Louis McManus, cuxo modelo foi a súa propia esposa. A súa estatua foi a última en chegar das 48 que se presentaron ó concurso convocado, e foi a que gañou a competición.

As ás representan a musa da arte e o átomo representa o "electrón da ciencia".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]