Frieiresa
Frieiresa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Descrición da vaca frieiresa | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
A frieiresa é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, con 947 exemplares (2022) distribuídos en 22 ganderías. É unha raza típica da provincia de Ourense.
Morfoloxía e datos produtivos
[editar | editar a fonte]Agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara a adiante e cara a abaixo. Ten pescozo delgado, tronco longo e harmónico, dorso e lombo anchos, peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. As extremidades son de lonxitude media, asentadas, ben verticais. Os ubres teñen bo tamaño, con tetos de implantación correcta. A súa capa é castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella loira característica. Outra característica a destacar é o pelo longo da rexión frontal. Este trazo que dá orixe a un floco dourado de carácter dominante que aparece en todos os cruces.[1]
Machos | Femias | |
---|---|---|
Alzada á cruz (cm) | 141 | 13 |
Peso adulto (kg) | 860 | 600 |
Peso ao nacemento (kg) | 36 | 30 |
Idade de madurez (meses) | 18 | |
Idade primeiro parto (meses) | 25 |
As vacas frieiresas presentan boas cualidades maternais, sobre todo para a produción leiteira e facilidade de parto. os pesos dos xatos ao nacemento son elevados (36 kg en machos e 30 kg en femias). [2]
Grazas ao seu bo sistema mamario e a correcta implantación dos tetos, os xatos poden alcanzar ata 160 kg/canal á desteta, achegando uns rendementos cárnicos de arredor do 48-49%, uns bos resultados neste tipo de razas autóctonas en perigo de extinción.[3]
A súa carne é magra e con baixos niveis de graxa. Cunha adecuada maduración, a súa textura é óptima en xugosidade e tenrura, ademais do seu excelente sabor. Debido ao seu modo de cría natural en extensivo, presenta unha gran proporción de ácidos graxos saudables (omega 3, omega 6 e CLA).[3]

Usos e sistemas de explotación
[editar | editar a fonte]Trátase dunha raza de tripla aptitude (traballo, leite, carne), aínda que agora mesmo a súa principal aptitude é a produción de carne. As femias adultas utilizaronse para a carretaxe e as labores agrícolas. [4]
O seu sistema de produción é de tipo mixto, aproveitando pastos comunais de montes veciñais en man común durante os meses de xuño a novembro, ou ben pastoreo durante o día e estabulación na noite. [2]
A rusticidade, a facilidade de manexo e a gran mansedume desta raza fana óptima para o réxime extensivo, pois ademais aproveita recursos materiais que outras razas máis selectas desbotarían. Antigamente, esas características facían que fora unha raza moi apreciada para os traballos agrícolas. [3]
Evolución da poboación
[editar | editar a fonte]Ano | Femias | Machos | Total | Ganderías |
---|---|---|---|---|
2009 | 536 | 119 | 655 | 29 |
2010 | 616 | 156 | 772 | 32 |
2011 | 689 | 166 | 855 | 33 |
2012 | 706 | 139 | 845 | 34 |
2013 | 634 | 120 | 754 | 31 |
2014 | 594 | 79 | 673 | 30 |
2015 | 700 | 89 | 789 | 28 |
2016 | 737 | 104 | 841 | 28 |
2017 | 786 | 117 | 903 | 28 |
2018 | 758 | 111 | 869 | 28 |
2019 | 750 | 133 | 883 | 26 |
2020 | 793 | 148 | 941 | 27 |
2021 | 792 | 139 | 931 | 23 |
2022 | 783 | 164 | 947 | 22 |
2023 | 754 | 154 | 908 | 26 |
Gráfica de evolución demográfica da vaca frieiresa entre 2009 e 2022 |
![]() |
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[6] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Raza bovina FRIEIRESA-Datos morfológicos". Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Consultado o 04/06/2025.
- ↑ 2,0 2,1 "Raza bovina FRIEIRESA-Datos productivos". Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Consultado o 04/06/2025.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "FRIEIREGA-Características productivas". BOAGA. Consultado o 04/06/2025.
- ↑ "Raza bovina FRIEIRESA-Usos y sistemas de explotación". Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Consultado o 04/06/2025.
- ↑ "Datos censales (FRIEIRESA)". Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Consultado o 04/06/2025.
- ↑ "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 31 de agosto de 2023.