Galo
Aparencia
![]() | Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de galo |
O termo Galo pode referirse a:
- Galo, Gallus gallus, macho da galiña, pito;
- Galo das rochas, Rupicola peruviana, ave do Perú;
- Galo cereixeiro, Oriolus oriolus, ave europea, vichelocrego;
- Galo da braña, Vanellus vanellus, avefría, pega fría;
- Galo merdeiro, Upupa epops, bubela, poupa;
- Galo lira, Tetrao tetrix;
- Papilio machaon, tipo de bolboreta, cola de andoriña, macaón;
- Iphiclides podalirius, tipo de bolboreta, podalirio;
- Camarón galo, Exhippolysmata oplophoroides, crustáceo malacostráceo decápodo carideo da familia dos hipolítidos;
- Cobo cola de galo, Lobatus gallus, especie de caracol mariño, molusco da familia Strombidae;
- Crista do galo (Persicaria maculosa) planta herbácea anual da familia das poligonáceas que resulta prexudicial para os cultivos, herba pulgueira, crista, herba do galo;
- Crista de galo grande (Serapias cordigera), planta herbácea perenne da familia Orchidaceae;
- Crista galli, apófise do óso etmoide, en forma de pequena lámina vertical, situada na porción central da lámina cribosa deste, onde se insire a foz do cerebro, crista de galo;
- Pata de galo, engurras diverxentes que se forman no ángulo externo do ollo coa vellez;
- Peito de galo, conformación da rexión do peito caracterizada por presentar unha prominencia na liña media provocada por un desenvolvemento excesivo do esterno;
- Galo, individuo pertencente a un antigo pobo celta que habitou na provincia romana da Galia:
- Galo, pertencente a unha tribo da India.
Como topónimo, pode referirse a:
- En Galiza
- O Galo, lugar da parroquia de Barrañán, no concello de Arteixo;
- O Galo, lugar da parroquia de Lañas, no concello de Arteixo;
- O Barrio do Galo, lugar da parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños;
- Rego do Galo, lugar da parroquia da Valboa, no concello de Trabada.
Amais, como antropónimo e apelido, pode referirse a:
- Galo Salinas, galeguista e escritor en lingua galega e castelá;
- Galo ou Treboriano Gallo (251 - 253), emperador romano;
- San Galo, monxe suízo que a mediados do século IV fundou a abadía de Sankt Gallen;
- Constancio Galo, príncipe do Imperio Romano, César de Oriente e irmán do Augusto emperador Xuliano o Apóstata;
- Caio Cornelio Galo, poeta latino do século I a. de C.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Galos (homónimos)
Argalo
- O Galo, agrupación cultural en Santiago de Compostela;
- Galos, nome que daban os romanos aos sacerdotes castrados da deusa fricia Cibeles;
- Lingua gala, lingua celta falada na Galia prerromana;
- Peso galo, categoría do boxeo e outros deportes de combate que agrupa competidores de pouco peso;
- Galó, lingua romance pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl;
- Gallo galo, símbolo nacional non oficial de Francia.