Saltar ao contido

KOffice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KOffice

Tipoprograma para escritório (pt) Traducir e software libre Editar o valor en Wikidata
Obra derivadaCalligra Suite (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Usodocument authoring system (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LicenzaLicenza Pública Xeral de GNU, LGPL (pt) Traducir e Licenza BSD Editar o valor en Wikidata
Características
Sistema operativoMicrosoft Windows e Unix-like Editar o valor en Wikidata
Linguaxe de programaciónC++ Editar o valor en Wikidata
Biblioteca de IUQt Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Creación23 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorKDE e.V. Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBweb.archive.org… Editar o valor en Wikidata
Repositoriomirror.git.trinitydesktop.org… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

KOffice é un paquete ofimático libre propio do contorno de escritorio KDE. Tódolos seus compoñentes son liberados baixo unha licenza libre. A versión KOffice 1.6.3 é a última versión estable dispoñible.

KOffice conta cos seguintes compoñentes:

  • KWord. Un procesador de texto con follas de estilo e soporte de frames para a edición estilo DTP de composicións complexas.
  • KSpread. Unha folla de cálculo con soporte de múltiples follas, patróns e máis de 100 fórmulas matemáticas.
  • KPresenter. Un programa de presentacións con posibilidades de empregar imaxes e efectos.
  • Kivio. Un programa para a creación de diagramas de fluxo con patróns cargables dinamicamente. Desenvolvido por theKompany, que vende patróns adicionais (non licenciados en GPL).
  • Karbon14. Unha aplicación para debuxo vectorial con múltiples ferramentas de debuxo e edición.
  • Krita (formalmente coñecida coma Krayon e KImageshop). É un programa para a edición de gráficos bitmap, orixinalmente deseñado como un programa de debuxo con algunhas funcións de proceso de imaxes.
  • Kugar e KChart. Xeradores integrados de informes e diagramas.
  • KFormula. Un editor de fórmulas matemáticas integrado.
  • Kexi. Un ambiente integrado para xestionar información. Axuda a crear esquemas de bases de datos, inserindo, consultando e procesando información.

KOffice inclúe un filtro de importacións para algúns formatos de ficheiro doutros programas e é publicada de forma independente a KDE. Este conxunto de aplicacións ofimáticas pode ser descargado na páxina oficial de KOffice.

KOffice 2.0

[editar | editar a fonte]

A serie actual de KOffice 1.6.x está deseñada para sistemas similares a UNIX pero a seguinte versión (2.0), liberada en maio de 2009 para desenvolvedores, testeadores e usuarios avanzados, engade compatibilidade para as plataformas Mac OS X e Windows. Esta nova versión de KOffice supón unha actualización maior que engade onde é posible compatibilidade con Flake e Pigment, e ademais un deseño de infrastrutura máis optimizado para se reutilizar e mellorar ó fin a experiencia dos usuarios á hora do seu manexo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Lista de Programas de KDE

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]