Saltar ao contido

Langile Abertzaleen Batzordeak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «LAB»)
Langile Abertzaleen Batzordeak

Tiposindicato Editar o valor en Wikidata
Parte deesquerda abertzale e Koordinadora Abertzale Sozialista (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticanacionalismo vasco, independentismo, socialismo, feminismo e igualdade social Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
AfiliaciónFederación Sindical Mundial Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1974 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBlab.eus Editar o valor en Wikidata
RedesInguma: lab-sindikatua
Wikidata ] C:Commons ]

Langile Abertzaleen Batzordeak ou LAB, (Comisións de Obreiros Patriotas) é un sindicato vasco nacionalista e de clase, integrado na esquerda abertzale, e considerado parte do Movemento de Liberación Nacional Vasco.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi fundado finais de 1974, como unha organización de masas e movemento asembleario para a liberación da crase obreira vasca, tanto desde un punto de vista nacional como social, recollendo neste momento unha tradición obreirista e abertzale que estivera nas primeiras Comisións Obreiras representativas, así como na organización Comisións Obreiras Abertzales (COA). Entre os seus fundadores máis coñecidos figuran o líder abertzale Jon Idigoras, que participou nas súas primeiras asembleas e formou parte da dirección, así como José Luis Cereceda, Martin Auzmendi ou Xabier Elorriaga. En 1977, por decisión da Asemblea Nacional, LAB pasa de ser un movemento asembleario a sindicato, procedéndose á súa inscrición e legalización nos rexistros correspondentes.

Na actualidade supera os 45.000 afiliados cotizadores, mantén arredor dun 16% de representatividade nos territorios nos cales actúa e o seu secretario xeral é Rafael Díez Usabiaga. Logo da ilegalización de Batasuna en 2002, o sindicato LAB é a única organización importante do Movemento de Liberación Nacional Vasco que permanece na legalidade. A partir do seu congreso do ano 2000, celebrado en Donostia, estendeu a súa actividade sindical aos territorios de Lapurdi, Zuberoa e Baixa Navarra, en Iparralde.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]