Monte Penide
Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Redondela, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 449 m ![]() | |||

O Monte Penide, ou Monte Mirallo[1], é un macizo montañoso de 450 metros de altura que se atopa no concello pontevedrés de Redondela[2]. O complexo do monte Penide atópase nas elevacións montañosas situadas no extremo suroeste do concello, nas parroquias de Negros, Trasmañó e Cedeira.
Patrimonio arquelóxico
[editar | editar a fonte]
No seu cumio posúe un conxunto arqueolóxico conformado por petróglifos, mámoas e outros elementos arqueolóxicos que converten a este conxunto na necrópole con máis sitios arqueolóxicos da provincia de Pontevedra[3]. Os máis antigos están datados no paleolítico inferior, no período do plistoceno.[4]
Mámoas
[editar | editar a fonte]Os túmulos son construcións de pedras e terra baixo as que as culturas prehistóricas enterraban os seus mortos. Estas construcións megalíticas estiveron moi estendidas na costa atlántica galega durante o neolítico até a idade de Bronce. Entre os túmulos ou mámoas máis importantes destacan:[4]
- Mámoas do Chan da Cruz: constitúen un total de 31 mámoas. Entre elas destaca a Mámoa do Rei[5], unha das mellor conservadas, e que está formada por unha gran cámara arrodeada por seis lousas formando unha cámara pechada.
- Mámoa de Coto Feneiro
- Mámoas do Chan do Rato, composto por dúas mámoas.
- Mámoas das Pedras dos Picos, en total dúas mámoas.
- Mámoas do Monte Vixiadorr, en total dúas mámoas.
- Mámoas do Castro Ferreiro, conformado por 3 mámoas.
- Mámoa de Teixugueiras de Poza Lagoa
Petróglifos
[editar | editar a fonte]
Ademais do fenómeno tumulario, pódense observar numerosos petróglifos, unhas representacións gráficas gravadas nas rochas ou pedras. No monte Penide están os seguintes petróglifos:[4]
- Petróglifos do Chan da Cruz, formado por catro rochas que conteñen motivos circulares, óvalos e cazoletas.
- Petróglifos do Coto da Rola, formado por catro petróglifos.
- Petróglifos das Porteliñas, formado por dous petróglifos.
- Petróglifos do Chan do Rato, formado por dous petróglifos.
- Petróglifos do Poza da Lagoa, formado por catro petróglifos.
- Petróglifos do Coto Fenteira, formado por tres petróglifos.
- Petróglifo de Eira Pedriña
- Petróglifos do Coto do Corno[6]. Correspóndense con dous petróglifos nos que predominan os motivos circulares que ocupan case toda a superficia da pedra.
- Petróglifos do Castro de Negros. Trátase de 6 petróglifos situados no castro de Negros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Peña, Alfredo Peralta (2024-03-04). "Monte Penide". Concello de Redondela. Consultado o 2025-02-17.
- ↑ "Diagnóstico socioeconómico do concello de Redondela: Patrimonio arqueolóxico." (PDF). Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Visitas guiadas á Área Arqueolóxica Monte Penide, Redondela" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Museo Virtual de Monte Penide Prehistórico". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Ficha da Mámoa do Rei" (PDF). AGADER. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Ficha do Petroglifo do Coto do Corno" (PDF). AGADER. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 16 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hidalgo Cuñarro, José Manuel; Costas Goberna, Fernando Javier (1980). "El gran conjunto megalítico de monte Penide, Redondela, Pontevedra". El Museo de Pontevedra. XXXIV: 79–108.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museo Virtual do Monte Penide Prehistórico. Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Desenvolvido polo Concello de Redondela e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
- "Monte Penide luce su arte rupestre", artigo no Faro de Vigo, 7 de outubro de 2013 (en castelán).