Panera
Aparencia
Unha panera[1] é un tipo de construción rural propia de Asturias feita sobre piares para almacenar os cereais. Estímase que apareceu arredor do século XVI coa mellora económica e das colleitas, polo que naceu como unha versión meirande do hórreo asturiano.[2] As paneras están apoiadas en 6 ou máis piares e son de planta rectangular. Porén, a distinción estrita entre o hórreo e a panera non é o número de piares, senón o tellado. Os hórreos asturianos teñen tellados a catro augas que se unen no punto superior, mentres que as paneras teñen un tellado con cume.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Corredor dunha panera típica asturiana.
-
Panera estilo Carreño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Panera". diccionariu.alladixital.org. Consultado o 8 de marzo de 2025.
- ↑ "Arquitectura Popular. Hórreos". amieva.es. Consultado o 8 de marzo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panera ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |