Saltar ao contido

Seminario de Estudos Galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SEG»)
Seminario de Estudos Galegos
Nome curtoSEG Editar o valor en Wikidata
Tipoinstitución cultural Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticagaleguismo Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aAntón Losada Diéguez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballohistoria, arqueoloxía, antropoloxía, Etnografía, arte, xeografía, socioloxía e pedagoxía Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1923 Editar o valor en Wikidata
Disolución1936 Editar o valor en Wikidata
Localización
Área de operaciónGalicia Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesBNE: XX129575
Wikidata ] C:Commons ]
AQUÍ NACEU
O SEMINARIO
DE ESTUDOS GALEGOS
XII-X-MCMXXIII

O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923[1] polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores.

Creación

[editar | editar a fonte]
Anteproyeito de Estatuto da Galiza (1931), íntegro en pdf.

Antón Losada Diéguez tivo a idea de crear un órgano que tivese como función poñer en valor a cultura galega, unha función que a universidade galega da época, a de Santiago, non cumpría ó desenvolver programas académicos alleos á realidade, á historia e á cultura galegas. Fórmase, pois, na casa de Losada en Pontevedra a Xuntanza de Estudos e Investigacións Históricas e Arqueolóxicas.

Paralelamente, como conta Lois Tobío Fernández, en 1923, Wenceslao Requejo Buet proponlle a un grupo de estudantes de primeiro de Dereito formar un grupo "cos que se interesasen por problemas de cultura, arte, literatura e historia principalmente, algo así como unha tertulia ou ateneo"[2]. Nese grupo, que primeiro collería xente como Filgueira Valverde, Ramón Martínez López, Manuel Magariños ou Lois Tobío Fernández, estenderíase despois a estudantes maiores (Fermín Bouza Brey, Romero Cerdeiriña...) e aos profesores, como Armando Cotarelo Valledor. De feito, foi Cotarelo quen lle deu o nome de Seminario de Estudos Galegos, que foi como pasou á historia.

Nunha xuntanza celebrada o 12 de outubro de 1923 en Ortoño (Ames), na casa onde vivira Rosalía de Castro, onde participan estes nove estudantes recollendo a tradición da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, acordan a creación do seminario. Ós poucos días, o 23 de outubro, intégranse nel boa parte da intelectualidade galeguista que se movía ó redor da revista Nós e asinan a acta fundacional no domicilio de Armando Cotarelo Valledor. Porén Lois Tobío sinala que Losada Diéguez non se sumou ao seminario nese momento inicial, senón pouco despois, canda o Grupo Nós, Castelao, Antón Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire, Leandro Carré Alvarellos ou Gonzalo López Abente.[2]

No escudo, deseño de Castelao, a tipografía discorre sobre dous círculos concéntricos que xiran arredor dun cáliz con cinco estrelas e unha pomba, coas lendas SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS · COMPOSTELA e DEUS · SCIENTIA · FRATRESQUE · GALLÆTIÆ.[3]

Nos anos seguintes incorporaríase a maior parte de intelectualidade galeguista, dende o arquiveiro do concello de Santiago de Compostela, Pablo Pérez Costanti, ata o arcebispo Manuel Lago González, pasando por Ramón María Aller, Federico Maciñeira ou Xesús Carro.

Consolidación

[editar | editar a fonte]

En 1925 Cotarelo trasládase a Madrid e a presidencia pasa a Salvador Cabeza de León. Comezan tamén a recibir axudas económicas e en 1927 empezan a publicar os Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, que editará Ánxel Casal e que recompilará as publicacións da institución. Con anterioridade os seus produtos editábanse a través da Real Academia Galega. Contou con local propio desde 1925, situado nos baixos do Colexio Maior San Clemente[4] e pasou de contar con só un cento de asociados nos seus comezos a chegar aos 500 no curso 1925-1926[5].

Membros do SEG en 1928, nas Ruínas de San Domingos de Pontevedra:
De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Carballo Calero, Xosé Filgueira Valverde, Sebastián García Paz, Luís Pintos Fonseca, Antón Fraguas, Bibiano Fernández Osorio-Tafall.
Sentados: Isidro Parga Pondal, Abelardo Moralejo Laso, Xesús Carro García, Salvador Cabeza de León, Joaquín Arias Sanjurjo, Xerardo Álvarez Limeses e Juan Novás Guillán.

Obxectivos e estrutura

[editar | editar a fonte]
Alexandre Bóveda foi nomeado socio aitivo o 20 de outono do 1928, Sant-Iago, 28 de outono de 1931.

O programa do Seminario fíxase os seguintes obxectivos: "o estudo de todas as manifestacións da cultura galega, tendendo á formación dos investigadores e á divulgación do resultado dos traballos".

Filgueira Valverde foi nomeado socio aitivo o 3 de novembro do 1923, Sant-Iago, 28 de Outono de 1931.

O SEG estaba estruturado en doce seccións e utilizaba como método de traballo os equipos interdisciplinarios e aínda que non todos os traballos feitos estiveran en galego, é certo que foi o SEG quen por primeira vez utilizou a lingua galega de xeito significativo para facer traballo científico, mesmo sendo obrigatorio a lectura dun traballo orixinal en galego para adquirir a condición de socio numerario. As doce seccións, e os seus presidentes, son as seguintes:

Xoaquín Lourenzo foi nomeado socio aitivo o 1º de Maio do 1926, Sant-Iago, 14 de Xaneiro de 1932.

Estudos das comarcas galegas

[editar | editar a fonte]

Entre os obxectivos do Seminario estaba a creación de estudos das comarcas galegas, a través de cada unha das súas seccións científicas, e destes traballos publicaron varios libros:[6]

Disolución

[editar | editar a fonte]

En 1936 o SEG, tras trece anos de actividade, foi desmantelado polo novo réxime xurdido do 18 de xullo. En 1944 co patrimonio do SEG creouse o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento dependente do CSIC.[10]

O novo Seminario de Estudos Galegos

[editar | editar a fonte]

En 1978, desde o Laboratorio de Formas de Galicia, con Isaac Díaz Pardo, comezouse a traballar na restauración do SEG. Constituíuse unha Comisión Xestora que presentou un anteproxecto de restauración nunha asemblea no Museo do Pobo Galego o 28 de xullo de 1978. O 10 de febreiro de 1979 aprobouse o proxecto definitivo, que se legalizou o 28 de xuño de 1979.[11]

O novo Seminario de Estudos Galegos estruturouse en nove áreas: Xeoloxía e Minaría, Agrarias, Mariñas, Biolóxicas, Arte/Comunicación, Xurídicas, Sociais e Políticas, Económicas e Pensamento Filosófico. E dous grupos de traballo interdisciplinar: Historia das Ciencias e das Técnicas e Idade Media galega. Publicou máis de 170 volumes e tivo a sede San Domingos de Bonaval, en dependencias do Museo do Pobo Galego.[11] Mais logo foi esmorecendo.

Centenario do Seminario de Estudos Galegos

[editar | editar a fonte]

O Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo Galego e a a Real Academia Galega reuníronse o 6 de setembro de 2022 para promover un programa conmemorativo conxunto xa que o 12 de outubro de 2023 é o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos. A Dirección Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en representación da Xunta de Galicia, asistiron a reunión.[12]

Exposición

[editar | editar a fonte]

Desde o 4 de xullo de 2023 ao 7 de xaneiro de 2024 celebrouse no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia a exposición Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, Unha institución de alta cultura, concibida como celebración do centenario da fundación desta institución.[13]

Con motivo da exposición editouse unha completa publicación, Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, Unha institución de alta cultura, unha morea de especialistas coordinados por Ramón Villares. Son 344 páxinas en edición galego-castelán con separata en inglés.[13]

  1. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5. 
  2. 2,0 2,1 Tobío Fernández 1994, p. 123-126.
  3. Díaz, Xosé (2014). "As liñas da conciencia. Castelao ilustrador e deseñador". Boletín da Real Academia Galega (375): 233–237. 
  4. Tobío Fernández 1994, p. 131.
  5. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais, pp. 341-342
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 O libro Terra de Melide
  7. Ficha do libro en Galiciana
  8. Ficha en Galiciana
  9. Ficha do libro en Galiciana
  10. Ayán, Xurxo: «Saudades do Seminario» 1/7/2010.
  11. 11,0 11,1 "Seminario de Estudos Galegos". EGU - Enciclopedia Galega Universal. Consultado o 2023-07-27. 
  12. "1923 - 2023 Centenario do Seminario de Estudos Galegos Museo do Pobo Galego". museodopobo.gal. Consultado o 2023-07-27. 
  13. 13,0 13,1 "Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura". www.cidadedacultura.gal. 2023-01-18. Consultado o 2023-07-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]