Saltar ao contido

T-60

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
T-60

Instancia demodelo de carro de combate Editar o valor en Wikidata
Subclase detanque lixeiro Editar o valor en Wikidata
Produción
País de orixeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
FabricanteGAZ Editar o valor en Wikidata
Total producido6.292 Editar o valor en Wikidata
Características
Velocidade máxima44 km/h Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Entrada en servizo1941 Editar o valor en Wikidata
Retiro do servizo1945 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura1.750 mm Editar o valor en Wikidata
Anchura2.392 mm Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4.100 mm Editar o valor en Wikidata
Masa5,8 t Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
T-40 Editar o valor en Wikidata
T-70 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

O T-60 foi un carro de combate lixeiro producido pola Unión Soviética entre 1941 e 1942, período no que saíu da fábrica un total de 6.292 unidades. Tiña capacidade para albergar unha tripulación de dous homes, 4,1 m de longo e 2,3 m de largo e unha altura de 1,75 m; o seu peso era de 5,8 toneladas.

Ao equipo de deseño de Nicholas Astrov na Factoría de Moscova Nº 37 asignóuselle a tarefa de deseñar carros de combate de exploración anfibios e non-anfibios en 1938. O equipo produciu os prototipos T-30A e T-30B. O primeiro sería fabricado como o carro anfibio T-40 a partir de 1940, e tamén levaría á versión T-40S, o prototipo dun carro máis pesado que foi considerado demasiado complexo para fabricar. O prototipo T-30B, que compartía o chasis do T-40 pero que era de construción máis sinxela e con blindaxe máis pesada, foi aceptado como o carro de exploración T-60, e comezou a producirse en xullo de 1941, xusto despois da invasión alemá.

Aínda que ao principio se pensou en equipar unha metralladora de 12,7 mm como a do T-40, o armamento foi posteriormente mellorado e instalouse o canón de 20 mm TNSh, unha versión para carros do ShVAK, tras o asesoramento do Comisario do pobo para a industria de carros de combate, Vyacheslav Malyshev. Esta arma podía penetrar 15 mm de blindaxe perpendicular a unha distancia de 500 metros, o cal non era axeitado contra os novos blindados alemáns, polo que en 1942 intentou rearmarse o T-60 co canón de 37 mm, pero a idea foi abandonada debido á escaseza de munición de 37 mm que había na Unión Soviética. Por este motivo iniciouse un novo proxecto para equipar o canón estándar de carros de 45 mm nunha torreta modificada. Iso fíxose imposible, e unha nova torreta deseñouse e probouse con éxito no verán de 1942. A nova torreta tiña o canón movido cara ao seu lado dereito para que o compartimento da tripulación fose máis grande, e engadíuselle unha metralladora coaxial. O proxecto rematou cando Stavka elixiu o T-70 como novo carro lixeiro estándar.

O T-60 foi tamén usado no deseño do carro de combate antiaéreo experimental T-90.