Universidade de Lleida
Universidade de Lleida | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | universidade pública, editor de acceso aberto e organización educativa ![]() | |||
Orzamento | 109.903.300,15 € ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Fundador/a | Xaime II de Aragón ![]() | |||
Reitor/a | Jaume Puy (pt) ![]() ![]() | |||
Número de membros | 1.250, 1.197 e 544 ![]() | |||
Número estudiantes | 10.674, 10.625 e 11.089 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1300 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | Provincia de Lleida | |||
Ámbito funcional territorial | Ponent | |||
Comarca | Segrià | |||
Concello | Lleida ![]() | |||
Localización | Lleida ![]() | |||
Sede | Lleida ![]() | |||
Membro de | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | udl.cat… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |


A Universidade de Lleida (en catalán e oficialmente: Universitat de Lleida), coñecida co acrónimo UdL, é unha universidade española situada na cidade de Lleida. É herdeira do medieval Estudi General, a universidade máis antiga de Cataluña e da antiga Coroa de Aragón, así como a terceira máis antiga de España tras a histórica de Palencia e a de Salamanca.
Historia
[editar | editar a fonte]A actual universidade, creada por lei en 1991, é herdeira da institución fundada por Xaime II de Aragón no ano 1300 (século XIII), co nome de Estudi General (Studium Generale), grazas a unha bula pontificia de Bonifacio VIII outorgada en 1297.
Co nacemento do Estudi General aparecía en Lleida un barrio universitario onde chegaban estudantes procedentes de toda a Coroa de Aragón e doutros moitos territorios, o que, do mesmo xeito que ocorre na actualidade, proporcionaba á cidade un ambiente de especial vitalidade. Por outra banda, estudantes e profesores formaban unha comunidade distinguida con importantes privilexios e inmunidades, coa igrexa parroquial de Sant Martí como lugar emblemático das celebracións solemnes, e co apoio económico do municipio e do Capítulo Catedralicio.
Na segunda metade do século XVII as universidades en España vivían un período de decadencia que continuaría ata o reinado de Filipe V, xa no século XVIII. Nesa época, e unha vez finalizada a Guerra de Sucesión, os reformadores borbónicos decidiron clausurar todas as universidades catalás: Barcelona, Xirona, Lleida, Tarragona, Tortosa, Vic e Solsona.[1] Ao mesmo tempo, a 70 km ao leste de Lleida, crearon a Universidade de Cervera en agradecemento ao apoio desta cidade a Filipe de Anjou, a diferenza doutras, como Lleida ou Barcelona, partidarias desde o primeiro momento do arquiduque Carlos de Austria. A nova universidade foi creada o 11 de maio de 1717. Unha Real Cédula datada o 9 de outubro do mesmo ano ordenou o peche do antigo Estudi General de Lleida, logo de 417 anos de prolongada existencia e o do resto das universidades de Cataluña.
Centros universitarios
[editar | editar a fonte]Existen cinco campus universitarios:
- Campus de Cappont. Carrer Jaume II:
- Facultade de Dereito e Economía.
- Escola Politécnica Superior.
- Facultade de Ciencias da Educación.
- Campus estrada de Huesca. Avenida Alcalde Rovira Roure:
- Escola Técnica Superior de Enxeñería Agraria (ETSEA)
- Campus Rambla d'Aragó: Pl. Víctor Siurana:
- Facultade de Letras.
- Campus de Ciencias da saúde. Av. Rovira Roure:
- Facultade de Medicina.
- Facultade de Enfermería.
- Campus de la Partida de la Caparrella
Ademais hai catro centros adscritos á Universidade de Lleida:
- Instituto Nacional de Educación Física de Catalunya (INEFC). Partida de la Caparrella, s/n 25192 Lleida.
- Escola Universitaria de Relacións Laborais. C. Henri Dunant, 3 25003 Lleida.
- Escola Universitaria de Turismo Terres de Lleida. C. Henri Dunant, 3 25003 Lleida.
- Escola Universitaria de Turismo dos Pireneos. C. Castellciutat 25700 La Seu d'Urgell.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Generalitat de Catalunya. "Universidades catalás". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2010. Consultado o 14 de outubro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)