Saltar ao contido

Cúbito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ulna»)
Cúbito
ulna Editar o valor en Wikidata

Subclase deóso do brazo, óso longo, entidade anatómica particular, óso humano e óso endocondral Editar o valor en Wikidata
Parte deset of bones of free part of upper limb (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización anatómicaantebrazo Editar o valor en Wikidata
Conéctase concorda oblicua, membrana interósea do antebrazo, articulación úmeroulnar e úmero Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD014457 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12809 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A02.4.06.001
Wikidata ] C:Commons ]

O cúbito ou ulna[1] é un óso do membro superior humano, localizado na parte interna do antebrazo. Trátase dun óso longo.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O cúbito é un óso longo que consta dunha epífise proximal, unha diáfise e unha epífise inferior.

Epífise superior

[editar | editar a fonte]

Presenta dúas apófises, a coronoide e a olecraniana. A apófise coronoide é anterior e horizontal. Ten forma triangular, cunha base, vértice, superficie superior e inferior e dous bordos, interno e externo. A superficie superior é unha superficie articular relacionada co cóbado, a superficie inferior permite a inserción do músculo braquial anterior. Os bordos permiten a inserción de ligamentos do cóbado. A base é o punto polo que se une ao resto do óso.

A apófise olecraniana é posterior e vertical. Ten unha superficie anterior, unha posterior, unha base, un vértice e dous bordos laterais. A superficie anterior é unha superficie articular do cóbado, namentres que a posterior serve de inserción para o músculo tríceps braquial e o ligamento posterior do cóbado. A base sérvelle de unión co resto do óso. Esta apófise introdúcese na fosa olecraniana do úmero en extensión máxima.

Ten tres superficies e tres bordos. Na parte máis inferior permite a inserción do músculo pronador cadrado. Na superficie posterior insírese o abdutor curto do primeiro dedo.

Epífise inferior

[editar | editar a fonte]

Na parte interna presenta unha superficie para a articulación co radio (articulación radiocubital inferior). Na parte inferior insírese o ligamento triangular do pulso.

Articulacións

[editar | editar a fonte]

O cúbito artéllase con varios ósos do membro superior. Superiormente artéllase co úmero constituíndo a articulación umerocubital, que forma parte do cóbado. Na epífise superior artéllase tamén co radio, formando a articulación radiocubital superior. Na epífise inferior artéllase outra vez co radio.

  1. Dicionario Ir Indo