Saltar ao contido

Válvula mitral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valva mitral»)
Válvula mitral
valva atrioventricularis sinistra Editar o valor en Wikidata

Instancia detipo de órgano e clase de entidade anatómica Editar o valor en Wikidata
Subclase deatrioventricular valve (en) Traducir e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Desenvolvementomitral valve development (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Identificadores
MeSHD008943 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12753 Editar o valor en Wikidata
Terminologia Anatomica 98A12.1.04.003
Wikidata ] C:Commons ]
Explicación en vídeo das doenzas da válvula mitral.

A válvula mitral (que tamén posúe a denominación de válvula bicúspide, por ter dúas valvas), é unha das catro válvulas que separan os catro condutos ou cavidades cardíacas. É a válvula que separa a aurícula esquerda do ventrículo esquerdo, impedindo que o sangue recúe para a aurícula após ser bombeado desta para o ventrículo. En condicións de normalidade, esta válvula ten un diámetro de entre 4 e 6 cm cadrados. Así pois, diámetros inferiores constitúen unha patoloxía cardíaca coñecida como estenose mitral.

Anatomía

[editar | editar a fonte]

A válvula mitral consta de dúas subpezas ou valvas: unha anteroseptal e outra posterolateral ou posterior. Está formada por diferentes estruturas, coma o anel fibroso mitral, as cordas tendinosas e os músculos papilares. Ámbolos dous teñen como función fixar as valvas ao ventrículo, evitando así que na diástole se desplacen do seu sitio.

Ciclo cardíaco

[editar | editar a fonte]

Esta valva, xuntamente coa válvula tricúspide, do lado dereito do corazón, féchase cando acontece a sístole ventricular, facendo que o sangue continúe o seu percorrido unidirecional seguindo pola arteria aorta e non recuando cara á aurícula. Esta valva ábrese novamente cando se produce a sístole auricular, de xeito que o sangue pasa cara ao ventrículo.

Imaxe das catro válvulas cardíacas