Saltar ao contido

Fondo Mundial para a Natureza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «WWF»)
Fondo Mundial para a Natureza


Tipoorganización non gobernamental internacional, organización medioambiental, conservation organization (en) Traducir, organización sen ánimo de lucro e organización non gobernamental Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaorganización non gobernamental internacional Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aBernaldo de Lippe-Biesterfeld, Julian Huxley, Peter Scott, Edward Max Nicholson (pt) Traducir, Filipe de Edimburgo, Luc Hoffmann e Guy Mountfort (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoprotección medioambiental e conservação (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación29 de abril de 1961 Editar o valor en Wikidata
Premios
Localización
Mapa
 46°24′57″N 6°16′41″L / 46.4158, 6.2781
PaísSuíza Editar o valor en Wikidata
SedeGland e Morges Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónInternacional Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónNova York Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBwwf.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: WWF Twitter: WWF Instagram: wwf Youtube: UC5MDIy3yhWDrx0MyDo4QmYg Pinterest: wnfnederland BNE: XX104090 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

O Fondo Mundial para a Natureza (en inglés: World Wide Fund for Nature, WWF) é un organización non gobernamental de ámbito internacional fundada o 29 de abril de 1961. Os seus obxectivos son a conservación, investigación e restauración dos ecosistemas. Anteriormente chamouse World Wildlife Fund, nome que aínda é o oficial no Canadá e nos Estados Unidos. É a organización conservacionista independente máis grande do mundo, con 5 millóns de seguidores, traballando en máis de 100 países, e mantendo 1.300[1] proxectos de conservación e restauración. É unha fundación,[2] recibindo no 2010 o 57% dos seus fondos a partir do apoio individual e doazóns, o 17% de fontes de gobernos (como o Banco Mundial) e o 11% de corporacións.[3]

A misión do grupo é "deter a degradación do medio natural do planeta e construír un futuro no que os humanos vivan en harmonía coa natureza."[4] Na actualidade, o seu traballo está concentrado na conservación de tres ecosistemas que conteñen a maioría da biodiversidade do planeta: os océanos e as costas, os bosques e os ecosistemas de auga doce. Entre outros temas, tamén se atende ás especies ameazadas, á contaminación e ó cambio climático actual.

  1. http://www.panda.org/about_wwf/where_we_work/project/
  2. "How is WWF run?". Consultado o 21 de xullo 2011. 
  3. WWF-INT Annual Review (PDF). World Wide Fund for Nature. 2010. p. 43. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de maio de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  4. WWF quick facts

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]