Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Fin

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

2. Tema
6. Fin
Atallo:
WP:ACAF

Grazas por usar o asistente para a creación de artigos!

Agora xa estás listo para empezar a crear o artigo. Se o que queres facer é probas de edición, por favor, fainas nestoutro sitio. Se doutra banda desexas crear un artigo novo serio, só tes que seguir dous pasos:

Primeiro, fíxate no que fas

Unha vez que o artigo se envíe (opción superior), será revisado por un ou varios editores experimentados, quen aplicarán ó artigo os mesmos criterios descritos neste asistente:

  • É aceptable o tema do artigo para Wikipedia?
  • É relevante o tema e o artigo mostra a súa relevancia?
  • Cítanse as fontes no artigo?
  • O artigo non viola ningún copyright?
  • Está escrito desde un punto de vista neutral?

Se a resposta a todas estas interrogantes é «si», o artigo ten boas posibilidades de ser aceptado pola comunidade. Se non é así, o artigo podería ser cambiado radicalmente ou mesmo borrado.

Se o artigo é borrado ? Pescuda por que, non o tomes como algo persoal! Que che borren un artigo de modo algún significa que se teña unha mala opinión sobre ti, nin diminúe o teu valor para o proxecto. Esperamos que continúes contribuíndo coa Wikipedia.

Segundo, publica o artigo

Publica o artigo agora!
Se xa creaches artigos válidos en Wikipedia, quizais queiras traballar directamente na caixa situada á dereita.
Engade aquí abaixo o nome do artigo respectando o uso de maiúsculas e prefixos. Se dúbidas que pór, revisa a axuda sobre os títulos adecuados.