Saltar ao contido

AVUS

AVUS


Tipoestrada Editar o valor en Wikidata
Parte deBundesautobahn 115 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Usado porFórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración19 de setembro de 1921 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Número de acontecementos xogados1 Editar o valor en Wikidata
Gran Premio de Alemaña Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Lonxitude9 km Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 52°28′50″N 13°15′05″L / 52.480555555556, 13.251388888889
EstadoAlemaña
SedeBerlín
DistritoCharlottenburg-Wilmersdorf Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónWestend e Grunewald Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]


O AVUS siglas de Automobil-Verkehrs- und Übungs-Straße («Estrada de tráfico e formación de automóbiles») é un autódromo situado ao sueste de Berlín, Alemaña. Composto por dúas longas rectas conectadas por dúas pinzas, actualmente atópase inactivo desde 1998 e forma parte da Autobahn A115.

Circuíto

[editar | editar a fonte]

O proxecto do circuíto, a cargo do Automóbil Club de Alemaña, xurdiu no ano 1907. Logo de varias demoras por problemas de financiamento, o AVUS inaugurouse en setembro de 1921. O AVUS albergou o primeiro Gran Premio de Alemaña, disputado con automóbiles de Gran Turismo no ano 1926.

Orixinalmente, a pista compúñase de dúas rectas unidas por dúas curvas amplas e chatas, que se circulaba en sentido antihorario. Pero dado o enfrontamento entre os circuítos de AVUS e Nürburgring, a curva norte foi redeseñada en 1937 ao agregarse un peralte de 43º. Debido a que non había ningunha barreira na parte superior, moitos pilotos de carreiras morreron ao perder o control do seu vehículo e voar por encima do muro. Durante o goberno nacionalsocialista alemán, a curva sur foi demolida para unir ambas as rectas á rede de autoestradas.

Logo da segunda guerra mundial, volveuse a correr no AVUS nunha versión reducida a 8.300 metros. A Fórmula 1 competiu por única vez nese lugar o Gran Premio de Alemaña de 1959, pois o circuíto de Nürburgring estabase a remodelar. Despois de que varios pilotos sufrisen accidentes na curva norte, esta tamén se demoleu en 1967. Desde entón e ata 1998, o AVUS albergou carreiras do Deutsche Tourenwagen Meisterschaft e a Fórmula 3 alemá en versións do trazado recortadas, con chicanes e curvas sen peraltes.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do AVUS

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1959 Tony Brooks Ferrari 2:09:31.6 h 8´299 km 60 230´686 km/h 2. agosto Alemaña Alemaña

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]