Admeto
Admeto | |
---|---|
![]() | |
Tipo | personaxe da mitoloxía grega ![]() |
Obra | |
Presente na obra
| |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Cargo ocupado | king of Pherae (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Pai | Feres (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Alcestis ![]() |
Fillo/a | Eumelo ![]() |
Descrito pola fonte | |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Admeto era un personaxe da mitoloxía grega, fillo de Feres e rei de Feres, Tesalia.
Historia
[editar | editar a fonte]Participou na expedición dos argonautas. Tiña fama de hospitalario e xusto. De feito, cando Apolo foi sentenciado a pasar un ano como servo dun mortal como castigo por ter matado os ciclopes, escolleu a Admeto e serviuno como gardián dos seus rabaños. Tan admirado quedou do seu tratamento que fixo que todas as vacas parisen xemelgos.
Namorado de Alcestes, grazas a Apolo, superou a proba que seu pai impuxera aos seus pretendentes: montar nun carro levado baixo o mesmo xugo por un xabaril e un león. No día da voda Admeto esqueceu dar un sacrificio en honra de Ártemis. Esta, anoxada, encheu o cuarto nupcial de serpes. Para evitar a morte de Admeto, Alcestes ofreceuse a morrer no canto de seu home. Hércules, antigo compañeiro de Admeto na expedición dos argonautas, baixou aos infernos e devolveulla a Admeto.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Admeto ![]() |
![]() |
Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |