Saltar ao contido

Antonov An-148

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonov An-148

Instancia defamilia de aeronaves Editar o valor en Wikidata
Subclase deregional jet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Produción
FabricanteAntonov Serial Production Plant (en) Traducir e Voronezh Aircraft Production Association (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Total producido49 Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Entrada en servizo2 de xuño de 2009 Editar o valor en Wikidata
Primeiro voo17 de decembro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorAntonov Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Antonov An-148 (ucraíno: Антонов Ан-148) é un reactor de pasaeiros rexional deseñado pola compañía ucraína Antonov e producido por esta e a planta rusa Voronezh. O seu desenvolvemento comezou na década dos 90 e o seu voo de estrea realizouse o 17 de decembro de 2004. O avión completou o seu programa de certificación o 26 de febreiro de 2007. O An-148 ten un alcance máximo de 2.100–4.400 km e é capaz de transportar 68–85 pasaxeiros, dependendo da configuración.

O Antonov An-158 é unha versión coa fuselaxe alongada que pode levar ata 99 pasaxeiros.

Características

[editar | editar a fonte]

O An-148 é un monoplano de á alta con dous motores turboventilador montados en góndolas baixo as ás. Esta disposición protexe aos motores e á estrutura das ás do dano de obxectos estraños. A incorporación dun sistema de autodiagnóstico, a unidade de potencia auxiliar, alta fiabilidade e a configuración das ás permítenlle ao An-148 ser usado en aeroportos pobremente equipados. Un moderno equipo de voo e navegación, contando con cinco pantallas de cristal líquido (LCD) de 15x20 cm fabricadas pola rusa Aviapribor e un sistema fly-by-wire, permítenlle operar e case calquera condición de luz, meteorolóxica ou de densidade de tráfico. Semellante ao do Boeing 737, o tren de aterraxe principal métese no bandullo do aparello cando este está en voo, con portas que cobren parcialmente as patas e quedando as rodas desubertas. Está equipado con motores Motor Sich D-436-148 de alta eficiencia, e tamén conta con escaleiras que permiten embarcar e desembarcar sen equipo extra en terra.[1]

  1. Sinitsky, Alex. "Antonov-148 jet enters in service in Russia". Consultado o 26 de decembro de 2016.