Batman empeza
Batman empeza (en inglés: Batman Begins) é unha película estadounidense dirixida por Christopher Nolan, estreada no 2005 e baseada no súper heroe da DC Comics, Batman. Estreouse en galego na TVG o 8 de xaneiro de 2009.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Narra a orixe da lenda de Batman e os motivos que o converteron no representante do ben na cidade de Gotham. Bruce Wayne vive obsesionado coas lembranzas dos seus pais, mortos a tiros na súa presenza. Atormentado pola dor, vaise de Gotham e percorre o mundo ata que atopa a un estraño personaxe que o adestra en tódalas disciplinas físicas e mentais que lle servirán para combater contra os delincuentes. Por esta razón, a Liga das Sombras, unha poderosa e subversiva sociedade secreta dirixida polo enigmático Ra's Al Ghul, intenta recrutalo. Cando Bruce volve a Gotham, a cidade está dominada polo crime e a corrupción. Coa axuda do seu leal mordomo Alfred, do detective da policía Jim Gordon e de Lucius Fox, o seu aliado na sociedade Ciencias Aplicadas de Wayne Enterprises, Wayne libera ó seu alter ego: Batman, un xusticeiro enmascarado que emprega a forza, a intelixencia e un despregue de artefactos de alta tecnoloxía para loitar contra as sinistras forzas que ameazan con destruír a cidade.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Christian Bale coma Bruce Wayne / Batman
- Michael Caine coma Alfred
- Liam Neeson coma Henri Ducard
- Katie Holmes coma Rachel Dawes
- Morgan Freeman coma Lucius Fox
- Gary Oldman coma Jim Gordon
- Ken Watanabe coma Ra's Al Ghul
- Cillian Murphy coma o Doutor Jonathan Crane
- Tom Wilkinson coma Carmine Falcone
- Rutger Hauer coma Earle
- Linus Roache coma Thomas Wayne
- Mark Boone Junior coma Flass
- Larry Holden coma Finch
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2005: Nomeado ó Oscar: Mellor fotografía.
- 2005: Nomeado ó BAFTA: Mellores efectos visuais, montaxe, son.
- 2005: Nomeado ós Premios Razzie: peor actriz secundaria (Katie Holmes).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Batman empeza". expansion.com. Consultado o 13 de xuño de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 2005
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Christopher Nolan
- Filmes con banda sonora de James Newton Howard
- Filmes con banda sonora de Hans Zimmer
- Filmes de Legendary Pictures
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes rodados en Chicago
- Filmes rodados en Inglaterra
- Filmes rodados en Nova York
- Filmes rodados en Islandia
- Filmes sobre terrorismo
- Filmes de Syncopy Inc.
- Filmes ambientados en 2005
- Filmes ambientados en Bután
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX
- Filmes de 2005 con versión en galego